O colectivo cultural Os Aventados impulsa –en colaboración cos voluntarios da Fundación Alcoa- un novo programa de actividades para a primavera deste 2013. Os premios Árdelle o eixo e Árdelle o carro entregaranse na asemblea de socios e colaboradores – como cada ano- o vindeiro sábado 30 de marzo no porto de San Cibrao. O profesor de música laurentino, Lino Rico, e o focego Paco Rivas porán música e poemas na Casa da Cultura de San Cibrao tamén o sábado 30 de marzo a partir das oito do serán. A colección de debuxos minimalistas a favor da Federación Anarquista Ibérica, “Memoria Histórica” poderanse ver dende o 15 de marzo ata o 30 de abril nos locais socios de Os Aventados, o Pub Brunos e “El Camarote”.



















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.



