Foz, 20 de marzo de 2013. Despois de participar na reunión celebrada hoxe en Santiago coa conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, os alcaldes de Foz, Alfoz e O Valadouro manifestaron que é moi positivo o compromiso de mantemento e posterior incremento dos servizos que presta o Hospital da Costa aos veciños da Mariña. Ademais o rexedor focense anunciou que ambulancia medicalizada con base en Foz seguirá operativa.
Javier Castiñeira manifestou que tras a xuntanza queda “moi tranquilo despois de escoitar as respostas da propia conselleira ás inquedanzas dos cidadáns da Mariña. A verdade é que estaba na mente de moitos focenses e de moitos mariñáns que a idea desta integración podía ser encher o hospital de Lugo con xente da Mariña, pero para nada a integración conta con esa idea. Así o transmitiu a Consellería e nós evidentemente estamos contentos, porque non vamos admitir ningún tipo de idea sobre este tema”.
O alcalde de Foz explicou que “o que queremos é que todos os veciños e todos os pacientes da Mariña segan tendo os mesmos servizos no Hospital da Costa e incluso que se aumente. Así nolo comentaron e tamén que a ampliación pasa polo plan director, que está contratado o seu proxecto. Polo tanto, tranquilidade absoluta”.
Ademais Castiñeira anunciou que “a propia conselleira foi capaz tamén de falar da ambulancia medicalizada que ten base en Foz e constatou que efectivamente vai seguir, pois esta integración non afecta para nada nese sentido”.
O rexedor focense rematou comentando que “a tranquilidade é absoluta e no caso de non se cumpra o prometido aí estaremos todos os alcaldes da Mariña, pero hai garantía absoluta de que para nada se vai perder ningún tipo de servizo. Ao contrario, temos a promesa dunha ampliación do Hospital da Costa e polo tanto creo que estas dúbidas que había quedaron así resoltas. Todos os veciños de Foz deben estar contentos, pois non vai afectar para nada aos servizos da sanidade focense e, por suposto, todos os mariñáns porque estamos traballando no mesmo sentido: non perder servizos, ao contrario tratar de incrementalos con esa ampliación do Hospital da Costa, de Burela. Esa é a vontade da Consellería e así nos gustou oílo da propia conselleira e polo tanto satisfacción neste día de hoxe”.
Pola súa banda, o alcalde de Alfoz, Emilio Lousas, tamén fixo unha valoración positiva, “toda vez que a conselleira explicou, e eu podo transmitir aos meus veciños e a toda A Mariña, que se van garantir os servizos que actualmente está prestando o Hospital da Costa e que a intención é melloralos. Co cal non deixa de ser unha gran satisfacción, porque era o temor que tiña”.
Ademais Emilio Lousas destacou que a conselleira “garantiu que se vai facer o plan director do hospital para poder amplialo; esa é unha noticia que nos tranquiliza e tamén que o hospital vai ter a súa propia área, si integrada na de Lugo, pero vai ter un xerente executivo e vaise ver reforzada pola integración dos centros de atención primaria. Por iso eu saco unha lectura positiva desta entrevista”.
E o rexedor municipal do Valadouro, José Manuel Lamela, manifestou que a reunión pareceulle “moi positiva” e agarda que “todo o que nos dixeron se cumpra”. Tamén comentou que podemos informar aos nos veciños que “o hospital non desaparece, como moitos están comentando”.






















Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



