Barreiros, 20 de marzo de 2013. O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, asegura que “o máis importante é que se preste aos pacientes a atención que precisan e que non se perdan servizos no Hospital da Costa”. O rexedor facía estas declaracións despois de asistir en Santiago, xunto a outros alcaldes da Mariña, a unha xuntanza coa conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera.
O rexedor relatou que “a conselleira de Sanidade nos relatou a todos os alcaldes da Mariña qué ían supoñer os cambios no Hospital da Costa. Eu o que veño mantendo como alcalde de Barreiros é que non se perda ningún servizo. Esta é unha premisa fundamental”.
Sobre a xestión Fuente Parga sinalou que “cando un paciente necesita dos servizos sanitarios ben pouco lle importa quen é o que xestiona o hospital, si está en Lugo, en Madrid, en Santiago ou estea onde estea. O que importa é que se preste a atención. Falouse neste encontro da ampliación do Hospital da Costa por falla de espazo, me parece ben, hai novas tecnoloxías e máis avances que requiren máis espazo e incluso a propia conselleira nos falou abertamente das deficiencias que ela ve no Hospital da Costa e que se verán subsanadas a través desa ampliación”.
O alcalde barreirense subliñou que “o que realmente me importa para os meus veciños e para min, que tamén son un cidadán que en calquera momento pode precisar deses servizos, é que se reduzan as listas de espera ben en Burela ou empregando o HULA, en Lugo. Ben entendido, sempre coa finalidade de que non se perdan servizos en Burela, pero si para reducir as listas de espera hai que ir a Lugo se vai e non pasa nada”. E lembrou que “moitas veces cando hai unha patoloxía importante, que non se atende en Burela, se despraza ao paciente a Santiago, a Lugo, á Coruña, a onde mellor poida estar atendido. O que queremos é unha boa atención”.
Alfonso Fuente considera que “da reunión de hoxe saíu garantida esa asistencia aos pacientes” e pide que “se deixe xa de xogar coa sanidade, por un lado aí están as reivindicacións dos médicos que me parece que hai que telas en conta, porque son un colectivo, tamén están as dos políticos, pero en definitiva temos que partir da premisa de pensar nos pacientes e o que non pode ser é que todas estas cousas que están pasando a ver si nos vamos todos a despistar, e cando digo todos refírome aos políticos, aos médicos, á xerencia, e que despois se produzan males que teñamos que lamentar. Hai que seguir atendendo os pacientes, que é o principal, seguir atendendo todo o que se poida en Burela e mellorando a calidade do servizo todos os días”.






















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



