As primeiras accións formativas do plan Fórmate en Verde, co que a Deputación de Lugo xerará emprego e fixará poboación no rural, arrancan a vindeira semana con 80 participantes. Trátase de catro cursos (dous presenciais, un a distancia e outro mixto), coas seguintes datas e contidos:
– Dende o próximo luns, 18 de marzo, e ata o 30 de maio, de 9:00 a 14:00 horas, impartirase en dependencias municipais de Viveiro un curso de Xestión Forestal Sostible. Conta con 21 inscritos, todos da comarca da Mariña (principalmente de Viveiro, Foz, O Valadouro, O Vicedo e Xove).
– Do martes, 19 de marzo, ó 20 de maio, en horario de 10:00 a 14:00 horas, terá lugar na Granxa Gayoso Castro un curso presencial de Vacún Maior Ecolóxico, con 20 persoas anotadas, a maioría da Terra Chá, pero tamén da Zona Sur e das comarcas de Lugo e A Mariña. O mesmo 19 de marzo arrancará outro curso on line da mesma temática, que continuará ata o 19 de xuño e conta con 20 participantes, a metade deles da Terra Chá e os restantes da Zona Sur, A Mariña, A Montaña e a comarca de Lugo.
– Entre o mércores 20 de marzo e o 30 de abril, terá lugar un curso de Agricultura Ecolóxica de modalidade mixta, isto é, unha parte presencial, que terá lugar na Casa Sindical de Monforte, de 10:00 a 14:00 horas, e outra on line. Nesta acción formativa participan 20 persoas, todas da Zona Sur.
Toda esta información, así como a listaxe de participantes, pódese consultar na páxina web da Deputación www.deputacionlugo.org
As persoas interesadas en beneficiarse desta oportunidade de futuro poden en calquera caso seguir anotándose, pois o proxecto conta con un mínimo de 900 prazas e as seguintes accións formativas iniciaranse de maneira progresiva, a medida que se vaia completando a selección e organizando os grupos. Para anotarse deben entrar en www.deputacionlugo.org escoller a actividade na que queren formarse, cubrir o formulario correspondente e envialo dende a propia web. Cada persoa só pode solicitar un curso de cada sector ofertado: gandería e agricultura ecolóxica, e xestión forestal sostible.
Desta oportunidade de futuro poden beneficiarse desempregados, emprendedores, mozos, agricultores, gandeiros e estudantes de toda a provincia, excepto os censados no Concello de Lugo, pois son destinatarios doutros programas europeos.
Formación, práctica e asesoramento
O plan de emprego Fórmate en Verte, financiado ó 80% pola Unión Europea a través do programa medioambiental Lug02, ten tres eixos:
– Formación: que pode ser presencial, a distancia ou mixta, e impartirase entre este mes de marzo e outubro.
– Visitas prácticas a empresas xa consolidadas dos sectores agropecuario e forestal.
– E, posteriormente, asesoramento técnico especializado a tódolos participantes para crear empresas no rural vinculadas ós sectores gandeiro, agrícola e forestal. As persoas que queiran reconverter a súa explotación, diversificar a súa actividade ou ben poñer en marcha unha nova empresa, contarán con asesoramento continuo e especializado, dende a mesma concepción da idea, ata a súa saída ó mercado. Terán ademais á súa disposición unha canle de comercialización: a plataforma de comercio electrónico www.losproductosdelugo.com da Deputación que conta hoxe con 100 empresas e 800 produtos e servizos.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



