Leo na prensa declaracións de Balseiro e González Barcia referentes a concentración que tivo lugar o sábado en Burela para rexeitar a creación dunha área de xestión integrada que faría desaparecer a capacidade de xestión autónoma do Hospital da Costa de Burela. Manifestan ámbolos dous que a concentración prexudicou a hostalería de Burela.
A min non me estraña que só vexan a repercusión económica da concentración. Non dan para mais. Non lles preocupa nin as consecuencias que a xestión integrada poda traer para os seus veciños, nin outra cousa que non sexa o saír ben guapos na foto.
Pero centrándome no que tanto os preocupa, a repercusión económica da concentración, teño que dicirlles algunhas cousas:
– Non teño tan claro que a concentración prexudicara a economía de Burela. Moitos dos manifestantes tomaron un café en Burela, outros compraron a prensa, un bocata, etc. Tamén os houbo que repostaron na gasolineira de Burela. E si algún dirixente do PP que ia comer en Burela, o final non o fixo, sería por que non lle deu a gana. Non podo crer que ninguén lle lo impedise.
– Por outro lado teño que preguntarlles onde estaban para defender os intereses da hostalería de Burela cando o goberno de Rajoy decidiu aprobar medidas nas que os xubilados perdían poder adquisitivo, ou mesmo cando lles conxelaron o soldo ou lles quitaron unha paga extra os funcionarios. E Burela ten uns cuantos funcionario: Concello, correos, hospital, institutos, colexios, etc.
– Tampouco sei onde tan cando a crise do sector pesqueiro, industrial ou do campo prexudican a hostalería de Burela.
Ou e que esas medidas que tomou o goberno, e a crise neses sectores, non afecta a hostalería de Burela.
E mais fácil ver a palla no ollo alleo que a viga no propio. Pero aínda e peor. Algúns non ven nada mais que o que queren ver.
O Fareiro de Foz


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



