Burela, 5 de marzo de 2013. O salón de actos da antiga biblioteca acollerá mañá e o xoves dous actos programados En prol do emprego-Encontros con empresarios, que organiza a Concellería de Emprego e dirixidos a persoas que estean en buscando un traballo.
Mañá mércores, 6 de marzo, ás 10 da mañá terá lugar unha xornada sobre o sector socio-sanitario. “Unha das promotoras do Centro Clínico Ribadeo e a responsable de recursos humanos impartirán unha charla na que nos contarán cómo se constituíu a empresa, cal é o seu ámbito de actuación e os servizos que presa, qué postos de traballo existen e tamén nos informarán sobre o perfil dos traballadores que buscan: formación, experiencia, habilidades, etc. Despois haberá un coloquio e os/as asistentes poderán entregar directamente os seus currículos á empresa”, explican desde a Concellería de Emprego que dirixe José Casas.
O xoves, 7 de marzo, tamén ás 10 da mañá desenvolverase unha xornada sobre prestacións de desemprego, subsidio, RAI, plan Prepara e outras prestacións sociais. Neste caso impartirán as charlas o director de prestacións do Servicio Público de Empleo Estatal en Burela, Ramón Lourés Lamas, e a traballadora social do Concello de Burela, Mª Consuelo Cartoy Veiga. “Esta cita está especialmente dirixida a aqueles demandantes de emprego, con preferencia os inscritos na bolsa de emprego do Concello de Burela, que necesiten información de primeira man sobre as prestacións que poden solicitar mentres buscan emprego”.
Os interesados en asistir ás xornadas poden chamar ao seguinte número de teléfono: 982 58 16 30. O aforo está limitado a 35 participantes.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



