O auditorio da Casa da Cultura de San Cibrao acolle o vindeiro sábado 30 de marzo ás oito da tarde un concerto-recital a cargo do músico e profesor do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, Lino Rico, e o poeta e escritor focego, Paco Rivas. Organiza a asociación Os Aventados coa colaboración da Deputación de Lugo, o Concello de Cervo e os Voluntarios da Fundación Alcoa.
Concerto-recital en San Cibrao