Ribadeo, 21 de marzo de 2013. Consume local, unha decisión importante é o lema da campaña de dinamización da praza de abastos e de apoio ao consumo local que se presentou este mediodía en Ribadeo. Está organizada pola Asociación de Profesionais e Vendedores da praza de abastos e pola Concellaría de Desenvolvemento Local e conta coa colaboración da Consellería de Industria.
A edil Ana Martínez explicou que “a campaña ten como obxecto dinamizar a praza de abastos, recuperar este espazo para a dinámica socio-comercial da vila e así potenciar o consumo de produtos da praza, o consumo local e de produtos de temporada”.
A concelleira de Desenvolvemento Local sinalou que “desde a praza defenderemos a naturalidade e a calidade dos produtos de proximidade; o servizo de atención ao cliente de alta calidade; ser un espazo de carácter público, de encontro, de relación social e de actividade comercial; converter este mercado nunha comunidade de empresarios no que cada un é experto no seu campo e ser defensores do valor local e do consumo responsable, recuperando o valor da temporalidade da oferta, do consumo saudable, do consumo de produtos locais e de proximidade. En definitiva ser un tempo de produtos frescos e escaparate de diversidade gastronómica”.
A campaña Consume local, unha decisión importante inclúe a edición e distribución de bolsas entre os consumidores con este lema. Os praceiros e praceiras contarán con un uniformes de cores e co logo do mercado, os vendedores de peixe irán de azul, os de carne de granate e os de froita de verde. Na praza haberá tamén pizarras nas que os clientes poderán atopar as ofertas do día ou os nomes dos produtos de temporada e tamén se editaron trípticos para a promoción do mercado de abastos de Ribadeo.
Ana Martínez subliñou que “o vindeiro mércores, 27 de marzo, ás 12:30 da mañá teremos unha xornada de pesca sustentable e cociña en directo, co fin de abordar temas relacionados coas especies que se pescan nesta zona así coma a elaboración de receitas en directo”. A edil de Desenvolvemento Local agradeceu a participación neste evento de Celia Pacio, patroa maior da confraría de pescadores de Ribadeo, de Basilio Otero, patrón maior da confraría de Burela, de Casa Pepe, que ofrecerá unha degustación gastronómica e dos cociñeiros Felipe Barcia e Rafael Jiménez, que realizarán preparacións en directo.
Martínez tamén anunciou que “en abril levarase a cabo unha campaña que denominamos Os xoves son do mercado, e na que todos os xoves do vindeiro mes haberá descontos e ofertas especiais no mercado”.
Paralelamente se desenvolverá a campaña Elixe ao mellor praceiro/a, onde os clientes poderán optar a sorteos de cheques de consumo na praza de abastos de Ribadeo. Os que realicen as súas compras ata o 3 de maio recibirán un cupón por cada compra realizada. Terán que enchelos co seu nome, apelidos, idade e teléfono e indicar o número do posto do seu praceiro ou praceira favorita. Os días 12 de abril e 3 de maio procederase a elixir ao azar tres cupóns e os clientes agraciados recibirán cheques de compra por valor de 25, 50 e 75 euros.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



