Estes días atrás os medios de comunicación déronnos a noticia de que en Navarra un Hospital que se lle acaba de aplicar a doutrina de “todo para privatizar” ou sexa que se entregou o servizo de catering a unha empresa particular, estivo servindo –segundo puidemos ver pola tele – comida verdadeiramente incomestible, noxenta e ademais “ azucre para os diabéticos” e cousas así e todo se solucionou dicindo que “poñerse o día en servir a comida segundo a enfermidade ou dieta do paciente, iso leva tempo pero pronto estará todo listo. E mentres, cantos empeoraran da súa enfermidade? Cantos tiveron que levar a comida da casa? E por un casual, morrería alguén? ¡Viva a privatización! Así cando algúns queiran irse da política sempre terán un posto de “aconselledor” ou dise conselleiro?.
Xa non teño memoria de como funciona iso de ir a un medico particular, pero meu amigo Manolo refrescoume a memoria, cando me contou o que lle pasou. Estes días foi ó medico de cabeceira, e este mandouno á consulta do especialista a Burela e tocoulle para case o mes de setembro, así que pediu vez a un medico particular e previo pago de oitenta euros puxo en vías de curalo, o menos non ten que pasar dolor ata o fin de agosto.
Estas dúas historias son a realidade de canto nos esta a pasar. A privatización so dará beneficio a quen é titular dela, e ganara os cartos ofrecendo pouco, e barato para non ter que gastar os cartiños que lle ten que pagar o estado polo servizo que dá (ou non dá) e posiblemente a ter moito coidado de cobrar menos do que antes gastaba o estado en dar o servizo que el presta, para así xustificar que o privado é mais barato pero non conta que para el ter pingües beneficios necesita eliminar servizos os pacientes. Unha forma elegante de desfacerse de pacientes “queixicas” que non somos mais ca iso, uns gastadores de recursos do estado, xa que eles non son así, eles, van a médicos particulares porque sempre teñen un bo soldo que llelo permite, e non como os parados e xubilados que non facemos mais que pedir.
Xa sabemos que ó Hospital da Costa o noso hospital de Burela, ha pasar a depender de Lugo porque ademais esta demostrado que morre tanta xente na estrada como da gripe e cada morto e un problema menos, xa que se supón que aqueles que temos que ir curarnos a Lugo somos pertencentes os 5 millóns de parados ou os xubilados ou os dependente de estes, xa que os que manexan o cotarro predican co exemplo e van ó medico particular, o pe da súa casa. Pero cumpriran o que din, deixaran os servizos no Hospital da Costa e incluso ampliaranos, mais aínda, falase de que renovaran os servizos, con utensilios marca Roca, para usalos mentres esperamos que nos dean quenda, pero para poñerse o termómetro teremos que ir a Lugo.
A mellor maneira de solucionar este desastre é que as listas electorais sexan abertas, que se atrevan a darnos unha lista de nomes, de xente da cidade e que o cidadán marque o nome de quen el queira, e ese señor respondería ante o seu electorado, non ante o seu partido. A metade dos males habíanse de acabar, e se ademais modificamos algunhas leis sobre o comportamento moral da clase política, mellor que mellor, pero mentres tanto teremos que vivir entre imputados.
Deus nos protexa se un día, algún dos que se suicida polo que esta pasando, antes de irse, decide levar compañía, entón os medos aceleraran os remedios.
Pero non nos esquezamos, os culpables somos os que temos o voto na man.
O político non é culpable, o culpable é quen o puxo no poder co seu voto.
Xosé Ruiz Leivas



















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



