Lugo, 5 de marzo de 2013.- Os Deputados Nacionais, Joaquín García Díez e Olga Iglesias, mantiveron esta mañá unha xuntanza cos distintos representantes dos sindicatos agrarios galegos, Xóvenes Agricultores, Unións Agrarias e Sindicato Labrego Galego, para escoitar as súas peticións no tocante ao proxecto de lei de medidas para mellorar o funcionamento da cadea alimentaria.
Tras escoitar as súas inquedanzas, García Díez e Iglesias, mostraron o seu compromiso en trasladar todas estas inquietudes ao Congreso dos Deputados, manifestando que “estamos no momento oportuno para solventar problemas coma os do sector lácteo que tanta incidencia ten para a nosa economía provincial”.
O proxecto de Lei atópase arestora en fase de presentación de enmendas por parte dos diferentes grupos políticos para logo continuar a súa tramitación no Senado.
Ámbolos dous Deputados, como membros dun grupo de traballo constituído no Congreso para mellorar este proxecto de lei, están recibindo a tódalas organizacións que teñan algo que decir na fase de presentación de enmendas a este documento
Logo dunha quenda de xuntanzas en Madrid, hoxe mantiveron un encontro cos varios representantes de sindicatos agrarios galegos, unha mostra do interese de recoller o maior número de aportacións para mellorar o texto mediante a presentación de enmedas.
Concluíron ámbolos dous deputados, afirmando que en tódolos encontros celebrados ata a data, é unánime o calificativo de “valiente” a este proxecto.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



