Burela, 4 de marzo de 2013. O alcalde, José Mª González Barcia, cualifica de lamentable o ocorrido o pasado sábado en Burela durante a concentración que houbo nas inmediacións da Casa de Cultura, onde o PP celebraba o seu congreso provincial. O rexedor critica o comportamento de grupos violentos que non saben exercer o dereito a manifestarse.
González Barcia manifestou que “desde o respecto do dereito á manifestación, pero tamén desde o respecto do dereito á reunión, como alcalde de Burela teño que cualificar o acontecido o pasado sábado, por parte dalgunhas persoas, como lamentable. O PP tiña convocado o seu congreso, os afiliados e simpatizantes do PP teñen todo o dereito do mundo a reunirse cando e onde o consideren oportuno e os convocantes da concentración teñen todo o dereito do mundo a manifestarse”.
O alcalde burelés indicou que “nesa concentración había xente que foi de boa fe e seguramente moitos deles quedarían satisfeitos co anuncio realizado polo presidente da Xunta durante o congreso do PP, de que se vai a sacar a licitación a redacción do proxecto de construción da ampliación do Hospital da Costa. O que xa non é de recibo é o comportamento de grupos violentos que non saben exercer o dereito a manifestarse, usando o insulto, usando as ameazas, etcétera e iso, como alcalde de Burela, rexéitoo frontalmente e rexeito a participación neses actos daquelas persoas que non van de boa fe, senón que incitan a que iso aconteza”.
O rexedor considera que “fraco favor lle fixeron os convocantes desta concentración á economía de Burela, porque a economía local o sábado resentiuse polo comportamento destes grupos que pretenden conseguir nas rúas o que non gañaron nas urnas. Queren impoñer o seu criterio cando resulta que cando hai eleccións a xente lles da as costas”. José Mª González Barcia subliñou que “o presidente da Xunta é o presidente que hai 135 días acadou unha amplísima maioría, que está totalmente lexitimado polo apoio dos cidadáns galegos para gobernar e, desde o meu punto de vista, está cumprindo os compromisos que el adoptou no seu momento con respecto ao Hospital da Costa”.
O rexedor sinalou que “os cidadáns que o sábado acudiron a esa concentración movidos pola boa fe e en conxunto os veciños desta comarca, especialmente os de Burela, teñen que saber que boa parte dos grupos convocantes durante os anos da Xunta bipartita estiveron calados e apesebrados porque estaban á sombra do poder do PSOE e do BNG. Tendo en conta que a Xunta bipartita, e isto está documentado, quería integrar A Mariña na área sanitaria de Ferrol, eu fágome unha pregunta: ¿que é o que cambiou desde daquela? Desde aquel momento non cambiou nada, a área sanitaria da Mariña segue como está e por enriba temos un anuncio do presidente da Xunta de que se vai licitar a redacción do proxecto de construción da ampliación do Hospital da Costa”.
González Barcia insiste en que “aqueles grupos convocantes da concentración do sábado, que estiveron calados durante os anos de goberno do bipartito porque por aquel entonces tamén era precisa a ampliación do hospital, pero eles calaban porque estaban ao servizo dos partidos gobernantes na Xunta, non están lexitimados para dicirlle á Xunta que preside Núñez Feijoo qué é o que ten que facer. Pídolles que recapaciten, que fagan as súas demandas con claridade, non vaia ser o demo que se estean a confundir intereses particulares ou de certos colectivos co interese xeral. Si é así deben aclaralo”. O alcalde pídelles publicamente explicacións a sindicatos e partidos políticos, convocantes da concentración do sábado: “quero que expliquen si hai algún motivo que lles afecte a eles como membros dos seus colectivos e si intentan solapalos cos intereses do conxunto da cidadanía desta comarca. Os intereses dos mariñáns pasan por ter máis e mellores servizos no Hospital da Costa, non pasan por outra cousa”.
O alcalde de Burela engadiu que “a defensa de calquera outros intereses que non sexan os colectivos non entra dentro da política do PP nin do equipo de goberno do noso Concello. Nós buscamos a defensa dos intereses de todos os cidadáns e nese sentido imos seguir traballando. Espero e confío que cando haxa outra concentración se saiban gardar as formas e respectar ás persoas que non comparten eses criterios sexan os que sexan e que non se prexudique á economía dun concello coma o de Burela. E estou completamente seguro de que o sábado puido ter un reforzo económico importante, pero tendo en conta o que pasou e por culpa de quen pasou ese reforzo económico non se puido producir”.




















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



