O Burela Bescados Rubén afronta un novo reto na vixésimo primeira xornada da Primeira División de Fútbol Sala ante o Colegio Arenas Gáldar, un rival directo na loita pola permanencia. Os duelos entre galegos e canarios son un clásico da LNFS e nesta ocasión decidirán quen se achega máis ao obxectivo da permanencia.
Tras unha nova sanción ó Puertollano, que supón a perda de 2 puntos, o conxunto manchega pecha a clasificación con 7 puntos, os canarios ocupan a penúltima posición con 8 puntos, mentres que o Burela Pescados Rubén é antepenúltimo con 9, sendo o equipo mellor colocado, na loita pola salvación para a recta final da competición.
Os pupilos de Juanlu afrontan o choque, sábado día 23 ás 19.30 horas (hora peninsular), coa moral e a confianza polas nubes ó plasmar a súa melloría cos puntos logrados ante o Inter e ElPozo. O técnico burelés cualifica o partido como “muy importante para nosotros y vital para el Gáldar ya que gracias a los puntos logrados hemos invertido la situación clasificatoria. El Gáldar afronta el partido con mayor presión ya que el calendario no le es favorable. Será un partido de máxima tensión y tenemos que confirmar nuestra progresión”. Debemos evadirnos de la presión y jugar con confianza. Ahora no vale simplemente con dar buena imagen, vamos convencidos para conquistar los tres puntos.”
Ademais, nas filas canarias, os bureleses reencontraranse con André, ex xogador do conxunto laranxa.
Convocatoria: Edu, Iago Barro, Enrique, Christian, Iago Míguez, Juanma, Cesinha, Mimi, Isi, Hugo, Nacho e Matamoros.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
