Para o BNG “a solución do calado da Ría pasaría por eliminar os espigóns que a afogan”
Foz, 11 de marzo de 2013.- O BNG de Foz quer manifestar o seu malestar polos continuos anuncios por parte de cargos e membros do PP referidos ao dragado do Porto de Foz. Todas estas manifestacións non fan máis que poñer en evidencia unha vez máis a falta de seriedade coa que o PP trata os temas que son importantes para Foz e para a súa actividade turística e pesqueira.
Aló polo 16 de outubro de 2010, o Partido Popular de Foz, congratulábase das xestións realizadas nunha reunión “de urxencia” con director xeral de Portos de Galicia acompañados do deputado autonómico José Manuel Balseiro Orol, na que “había un compromiso a axilizar o proxecto definitivo de dragado das dúas dársenas portuarias, para levalo a cabo coa maior prontitude posible”. Ao día de hoxe aínda non se dragou ningunha das dársenas.
O 2 de decembro de 2011 o que dicía o portavoz de Mar do PP no Parlamento, o mesmo José Manuel Balseiro, sobre o dragado era que «a actuación permitirá desterrar o risco de varada de embarcacións e facilitará que o porto recupere a normalidade». Efectivamente, despois de 15 meses, Balseiro tiña razón: a actuación do PP, que consistiu en non facer nada, deixou que se recuperara a normalidade, é dicir, seguimos sen calado na entrada e tamén nas dársenas de atraque.
En xaneiro de 2012 o dragado, segundo o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, explicou que os trámites do dragado estaban «avanzados» e que “Portos estaba a traballar nun estudo que permitiría solucionar o problema do calado de forma definitiva”. O mesmo personaxe á vez que o alcalde de Foz tamén falaron en varias ocasións –incluída na campaña electoral das municipais onde foi a proposta estrela- da a reorganización do porto (novo porto vanús). Ese mesmo día, o presidente de Portos falaba de “elaborar un estudo para ver se é posible a colocación de estacas na Ría, de forma que as areas quedarían separadas a ambos os dous lados, permitindo sempre o paso de barcos”. Nada sabemos dese estudo. Nas mesmas declaracións aseguraba que “era un proxecto complicado que necesita desta asistencia técnica porque o obxectivo sería o de instalar unhas 400 prazas de amarre en pantaláns». Dita asistencia contaba segundo dicía cun orzamento de 70.000 euros. Pero pregunta o BNG: ¿onde está o estudo que ía solucionar de forma definitiva o problema de calado? E ¿onde están as 400 prazas de amarre e onde os 70.000 euros da asistencia técnica?
No mes de xuño de 2012, o propio deputado Jose Manuel Balseiro agradecía o compromiso do Goberno galego con estes proxectos e sinalaba que supoñían un investimento próximo aos 600 mil euros, en menos de 24 meses, destinados a facer realidade o que outros prometeron e non cumpriron. Na propia web do parlamentario popular anunciábase que Portos de Galicia confirmáballe que “o dragado integral en Foz se executará a partires do remate do verán” . Tamén falaba de que antes incluso do verán “coñeceranse os resultados do estudo de hidrodinámica que busca impedir que se produzan novos depósitos de sedimentos areosos así como do estudo técnico e de viabilidade económica previo á remodelación das instalacións portuarias de Foz”. O BNG pregúntalle ao PP: ¿onde está o dragado integral? ¿onde os resultados do estudo hidrodinámico?
Pasado algún tempo e por varias ocasións –polo menos tres- o alcalde de Foz, Javier Castiñeira, prometeu que o dragado ía facerse xa. Primeiro pola primavera de 2012, despois antes do verán, máis tarde despois do verán e finalmente non se sabía. Agora xustifican o retraso por problemas técnicos e parece que volven a anunciar o dragado para esta primavera.
Para o BNG, estes continuos anuncios están provocando que en Foz xa ninguén crea o PP nin os seus anuncios así como un gran cabreo entre á xente do mar. Pero é máis, sabemos que os dragados non son a solución definitiva á falta de calado da Ría e do Porto. O problema de calado é algo que arrastra o Porto de Foz desde hai moitos anos pero que, segundo estudos científicos, empeorou coa construción entre os anos 60 e 80 de varios espigóns dentro da Ría que provocaron tanto a colmatación do esteiro do Masma como a erosión da praia de Altar, en Barreiros. Tanto Portos como Costas levan investido moitos millóns de euros tanto en dragados como en aportes de area e obras de consolidación litoral sen obter ningún éxito.
Desde un principio o BNG sempre rexeitou a construción de ditos espigóns e o tempo deunos a razón. Así, que unha posible solución para dotar de calado á Ría e ao Porto –fóra de posibles dragados puntuais – pasaría en primeiro lugar pola eliminación do espigón de Punta Anguieira e por estudar de forma seria alternativas que non supuxeran malgastar tantos cartos públicos nin danar aínda máis a Ría de Foz.


















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



