O sábado 23 de marzo vai a ter lugar VII edición do mercado de primavera de O valadouro. Esta actividade vaise desenrolar no centro histórico de Ferreira no exterior desde as 10:00 da mañá ata ben entrada a tardiña. Contaremos con numerosos postos de que veñen de toda Galicia, pero principalmente de Valadouro. A media mañá, estará a asociación cultural Amado Lar que vai a animar a xornada cunha exhibición de baile rexional co grupo de infantís para dar inicio á primeira fase da ruta de tapeo de O Valadouro.
Xa pola tarde, contaremos con inchables, xogos para os nenos, paseo en poni, práctica de pesca… e todo isto de balde para quen se achegue á praza de Santa María e á finca anexa á piscina municipal de O valadouro. Nesta última, contaremos cunha exhibición de baile entre un cabalo e unha bailarina a partir das 17:00h.
A partir das 18:30h comezarán as primeiras olimpiadas rurais de O Valadouro. Participarán equipos de catro persoas (2 homes e 2 mulleres) que se incribirán previamente na praza… Ó longo e ancho do casco de Ferreira van a realizar diversas probas como o mítico lanzamento de aixadas, lanzamento de pacas, carreiras de carretillas con obstáculos, tiro á corda,… e todo elo ataviados con roupa tradicional e, sobre todo e moi importante, con zocas. Como premio, o equipo gañador obterá unha cea para 8 persoas nun coñecido restaurante da vila.
A partir das 20:00 comezará a segunda parte da ruta de tapas de O valadouro que estará amenizada por catro grupos de cantos de taberna (dous de burela, un de Foz e outro de Mondoñedo) e animará a vida nocturna do val ata altas horas. As tapas do Valadouro son especiais e distintas ás de calquera día do ano e teñen vantaxe con respecto a outras rutas da comarca de que son de balde por cada consumición.
Animar á xuventude a seguir co costume de seguir colaborando co evento vestíndose e dando a coñecer un calzado de antaño como son as zocas e ó mesmo tempo agradecer o interés e a colaboración que ten o acto dándolle promoción e colorido.





















Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



