102 traballadores e 54 máquinas traballan de xeito ininterrompido para despexar de neve estradas de toda a provincia. As maiores dificultades concéntranse nos Concellos da Montaña e no Courel, aínda que o amplo dispositivo despregado pola Deputación actúa tamén na Terra Chá e incluso na Mariña oriental, onde tivo que abrir paso a 5 pequenos camións na CP 5207, de Ribadeo a Vilela.
O amplo operativo despregado pola Deputación de Lugo ante o temporal de neve que está a a sufrir a provincia traballa de xeito ininterrompido dende as 6 da mañá deste mércores para despexar as estradas e garantir a circulación e a seguridade dos condutores. O dispositivo de emerxencias, activado onte pola mañá debido as previsións meteorolóxicas adversas, está composto por 102 operarios e 54 máquinas, que están desprazados por toda a provincia.
As maiores dificultades concéntranse nos Concellos da Montaña e no Courel, aínda que o dispositivo mobilizado pola Deputación actúa tamén na Terra Chá, a comarca de Sarria, Quiroga e incluso na Mariña oriental.
O operativo continuará traballando ó longo de toda a xornada “para manter na mellor situación posible as estradas, tendo en conta que as precipitacións de neve son continuas e que temos 45 estradas por riba dos 1.000 metros e 120, por encima dos 800”, explicou o Deputado de Xestión Territorial, Manuel Martínez. As previsións meteorolóxicas apuntan a que a masa de aire frío de orixe ártica que está a afectar á provincia comezará a remitir esta tarde e mañá a cota de neve ascenderá ós 800 metros.
O operativo activado forma parte do Plan Invernal 2012-2013 que puxo en marcha a Deputación de Lugo a primeiros de novembro e que permite actuar coa máxima axilidade en casos de temporais ou sucesos puntuais, para conservar e manter sempre en perfectas condicións a rede viaria provincial, a máis extensa de España, con máis de 4.000 quilómetros de lonxitude.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



