Santiago, 27 de marzo de 2013.- O Parlamento de Galicia vén de aprobar na sesión plenaria que tivo lugar na mañá de hoxe a iniciativa do Grupo Popular, co voto en contra dos tres grupos da oposición, pola que se esixe ás institucións comunitarias (Eurocámara, Comisión Europea e Consello de Ministros) que flexibilice a prohibición dos descartes pesqueiros a través da aplicación dun sistema alternativo para a xestión destas capturas accesorias, un novo sistema que non comprometa a rendibilidade e viabilidade operativa da flota.
A iniciativa, defendida polo voceiro do Mar do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, demanda unha regulación moito máis beneficiosa para os intereses da flota galega e polo tanto afastada da proposta que fixo, no seu momento, o Parlamento europeo e que implicaría aplicar unha política de descartes cero. O resultado final dependerá dunha negociación entre a Eurocámara, a Comisión europea e o propio Consello de Ministros da UE, este último moito máis favorable a aplicar un calendario máis flexible.
Desde o Grupo Popular puxeron de relevo o prexuízo que a obriga de desembarcar todos os descartes implicaría para flota e que estas capturas poidan ser descontadas das cotas dispoñibles para outras especies de maior interese comercial. Nesa liña o seu portavoz da área de Mar, José Manuel Balseiro, emprazou á oposición a facer oír en Europa a voz de Galicia, cun acordo unánime do Parlamento que ao final non foi posible polo voto en contra das forzas da oposición.
RECTIFICACIÓN DO GRUPO SOCIALISTA
Desde o Grupo Popular lamentan a irresponsabilidade dos grupos da oposición que, pese a ser conscientes de que é unha demanda unánime do sector pesqueiro galego, son incapaces de sumarse á defensa dos intereses de Galicia en Europa.
Balseiro critica que PSOE, BNG e AGE apoien a prohibición dos descartes pesqueiros e moi en particular pon de relevo que o BNG desautoriza a súa eurodeputada, Ana Miranda, que si votou favorablemente a esta petición no Parlamento europeo. Finalmente Balseiro destacou tamén, que unha vez máis o PSOE volve a dar as costas ao sector, tal e como fixo na Eurocámara.
Balseiro explicou que as capturas accesorias son todas aquelas especies que se pescan accidentalmente, e dicir, aquelas que aparecen nas redes ou aparellos de pesca que non son o obxecto dunha pesqueiría determinada e que son descartadas, devoltas ao mar, por factores tan diversos como: non ter interese comercial, porque pola talla ou estado non poden ser comercializadas, ou por cuestións moi distintas á vontade daquel que pesca, como por exemplo, por non poder ser desembarcadas ao non dispoñerse de cota. Son capturas accesorias susceptibles de descarte, o equivalente ao 23% de todas as capturas realizadas por un arrastreiro medio e loxicamente aínda que as artes de pesca cada vez son máis selectivas é imposible evitar certo grado de descartes.
“Nós seguimos defendendo esta flexibilidade e as mellores condicións de traballo para a nosa flota. Tanto a Xunta como o Ministerio teñen claro a política a seguir en defensa da nosa flota e do noso sector pesqueiro”, dixo Balseiro.


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



