A Mariña, 9 de marzo de 2013.- Fronte as informacións que veñen de coñecerse nos últimos días e co obxecto de ofrecer unha explicación pública ao conxunto dos veciños para evitar confusións interesadas, o Partido Popular comarcal quixo deixar claro que o novo modelo de xestión integrada que o Sergas ten previsto poñer en marcha na provincia de Lugo:
1º.- Non suporá a desaparición da área sanitaria da Mariña, todo o contrario, esta mantense e verase reforzada.
O mapa sanitario da provincia de Lugo non cambia. Seguirá tendo tres áreas sanitarias (Lugo centro, Lugo Sur e A Mariña), polo que se manterán inalteradas, sen modificación algunha con respecto a actual.
De feito o único que acontecerá con este modelo é que a área sanitaria da Mariña verase reforzada, xa que a área sanitaria da Mariña ampliará as súas competencias e xestionará tamén todo o relativo aos centros de saúde (atención primaria) desta comarca que ata o de agora dependían de Lugo.
2º.- O PP, todos os seus cargos públicos e responsables políticos garanten que o Hospital da Costa manterá todos os seus servizos, unidades e consultas e que incluso os incrementará.
A área integrada lucense non suporá, en ningún caso, que se teñan que eliminar servizos nos hospitais como o da Costa. Ao contrario, moitos deles incluso poderán verse incrementados como é o caso das novas unidades de quimioterapia.
O novo modelo de xestión integrada ten demostrado aí onde se aplica (Cee, no Barco, Valdeorras, Verín) que non só non se teñen eliminado ningún servizo ou unidade senón que ten ocorrido todo o contrario, se teñen abertos novos servizos e unidades sen necesidade de ter que trasladar aos pacientes á capital.
En Cee e no Barco desprázanse aos hospitais comarcais especialistas de dixestivo a facer endoscopias. En Valdeorras púxose en marcha oncoloxía cos profesionais do CHOU e en Verín se están a realizar cataratas e próteses que antes só se facían en Ourense capital. Tamén o hospital da Costa contará con novos servizos.
3º.- O Partido Popular da Mariña ratifica o seu compromiso coa ampliación do Hospital da Costa que se levará a cabo nesta lexislatura.
Os populares ratificamos o compromiso anunciado polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo: o proxecto do ampliación do Hospital da Costa que ten previsto licitarse este mes levarase adiante para gañar servizos e calidade asistencial, nunca para perdelos. Como é lóxico un hospital se amplía para melloralo, nunca para empeoralo e logo de 27 anos de que este centro comenzase a funcionar, resulta máis necesario que nunca.
4º.- A área de xestión integrada é unha estrutura de coordinación dos tres hospitais lucenses, nunca restará servizos, nin capacidade de resolución, nin competencias
A nova estrutura de xestión integrada reforzará ás áreas sanitarias lucenses, non as prexudicará. Non é certo que a xestión ou capacidade de decisión sobre os recursos do hospital se levará desde Lugo, xa que se mantén a figura dos xerentes executivos dos hospitais con incluso máis competencias .
5º.- A xerencia do Hospital da Costa continuará existindo e terá baixo a súa responsabilidade tamén os centros de saúde
O xerente executivo do Hospital da Costa terá baixo a súa responsabilidade non só o centro hospitalario senón tamén os centros de atención primaria (centros de saúde) polo que lonxe de perder capacidade de decisión será aínda maior. Ata o de agora este xerentes dependían do director de Asistencia Sanitaria do Sergas en Santiago e agora o encargado de coordinalos será o xerente da área integrada provincial. Non hai retroceso, senón todo o contrario, un reforzo do seu papel como xestores.



















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



