A falta de reacción de Besteiro ante os insultos proferidos por Manuel Martínez durante a última sesión plenaria de Becerrea levan ao PP a reclamar ante Pachi Vázquez e Rubalcaba o cese do alcalde de Becerreá e portavoz socialista que incorreu en continuas saídas de ton e insultos.
Insisten en que este tipo de comportamentos denigran a política e incluso inhabilitan ao alcalde de Becerreá na súa función profesional como docente por canto son actitudes de mala educación e de intolerancia pouco democrática.
Lugo, 18 de marzo de 2013.- A inactividade e falta de adopción dalgún tipo de medidas correctivas por parte do secretario xeral do PSOE de Lugo e presidente da Deputación, Jose Ramón Gómez Besteiro, en relación cos insultos proferidos por Manuel Martínez –alcalde de Becerreá e portavoz do PSOE no ente provincial- levan ao Partido Popular a reclamar ante Pachi Vázquez e Rubalcaba o seu cese como alcalde e como voceiro socialista na Deputación.
Os populares, a través do seu secretario xeral, Jose Manuel Balseiro insisten en que este tipo de comportamentos denigran a política e incluso inhabilitan ao seu autor, Manuel Martínez, na súa función como político e tamén na súa profesión como docente, por canto son espello de mala educación e dun elevado grado de intolerancia pouco democrática.
Desde o PP dirixiranse ao secretario xeral do PSdeG e ao dirixente do PSOE estatal, para que teñan constancia deste tipo de actitudes. Non esquezamos que os insultos e as saídas de ton foron as protagonistas do último pleno municipal de Becerreá cando o seu alcalde, perdeu o control e cheo de cólera insultou aos concelleiros da oposición. Todo ante as propostas do Grupo Popular para solucionar o caos urbanístico no que o rexedor socialista mantén a gran parte dos núcleos rurais do concello.
GRAVES INSULTOS
“Palanganero”, “el que primero lo huele debajo del culo lo tiene” ou las navajas de Albacete que no son de Taramundi, caga y vete” facendo referencia ao pai, falecido, dunha edil popular” foron os vocablos empregados por Martínez, uns insultos que faltaron totalmente ao respecto e que levaron aos populares a abandonar o pleno.


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



