Dende o grupo municipal socialista de Foz queremos expresar o noso malestar pola actitude do Alcalde no Pleno Ordinario celebrado no día de onte, no que se tratou, en primeiro lugar, a modificación da Ordenanza Fiscal reguladora do prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar, coa que se pretendía impoñer unha suba totalmente desproporcionada aos beneficiarios deste servizo, de aproximadamente un 50% para un usuario medio, ante o cal o noso Grupo se mostrou en contra do que consideramos un recorte máis da Xunta de Galicia en materia de servizos sociais básicos, que pode poñer en perigo a prestación deste servizo para moitas persoas e familias que o precisan, e carecen de recursos suficientes para afrontar esta suba.
Neste punto, requirimos tamén ao Sr. Castiñeira para que regularice a situación actual, pois o contrato que existe coa empresa que presta este servizo está vencido, e aínda non se sacou a concurso.
Así mesmo, no Pleno de onte tamén se debateu sobre a implantación da ferramenta informática “Gestiona”, que o Equipo de Goberno vén de contratar recentemente, o cal nos parece totalmente incoherente e inxustificado, tendo en conta que tódolos días estamos a escoitar a cantinela do Alcalde de que non hai cartos, e resulta que inverte, nada máis nin nada menos que, 28.500 € na contratación dunha ferramenta informática, cando tiña á súa disposición de xeito totalmente gratuíto o Programa Innova-TE, cofinanciado nun 70% polos Fondos FEDER da Unión Europea, e nun 30% pola Deputación de Lugo. Programa que, ademais, ofrece certas vantaxes como a interrelación con outras Administracións Públicas, ao contar con programas compatibles entre si, en principio, dos Concellos entre sí e coa Deputación, e, nunha fase posterior, coa Xunta e a Administración Estatal.
En relación a este asunto, queremos esixirlle ao Sr. Castiñeira que non acuse á oposición de paralizar o Concello, e que asuma a responsabilidade das súas decisións.
Xa por último, lamentar que o equipo de goberno do Partido Popular non apoiase ningunha das mocións que presentou o grupo socialista, todas elas dirixidas á satisfacción dos intereses xerais da veciñanza.
A primeira delas, dirixida a instar a creación dun rexistro de familias con graves dificultades económicas no noso Concello, e intentar que as vivendas baleiras se puxesen á súa disposición mediante alquileres sociais. A resposta do Partido Popular foi que xa se coñecían os datos de ditas familias no Concello, pero dende o Grupo Municipal Socialista mostramos o noso desacordo poñendo datos sobre a mesa, pois no Presuposto Municipal do ano 2012 figuraba unha partida para Axudas de emerxencia social de 20.000 €, e só se pediron e concederon axudas por importe de 1.241, 99 €, polo que, tendo en conta o contexto actual de crise, consideramos que a nosa iniciativa era moi necesaria.
Así mesmo, dende o Grupo Socialista presentamos pola vía de urxencia dúas Mocións, unha primeira en defensa da área sanitaria da Mariña e do Hospital da Costa, e outra con motivo do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, pero, sorprendentemente, ningunha delas foi apoiada polo Equipo de Goberno.
Pola contra, o Sr. Castiñeira manifestou que a Plataforma en defensa da sanidade pública da Mariña está politizada, ao que a portavoz socialista, Rosa Pérez Gradaílle, replicou: “Se algún cargo ou militante do seu partido quere adherirse á Plataforma non creo que lle poñan ningún impedimento”.
Tamén lle recordamos ao Alcalde que non fai moito tempo as consultas de algunhas especialidades no Hospital da Costa se facían en barracóns ou casetas prefabricadas, e lle preguntamos si nisto consistía a ampliación do mesmo á que o Partido Popular se comprometeu en época electoral.
Xa para rematar, dende o Grupo Socialista de Foz queremos deixar claro que apoiamos a cacerolada convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública para mañá sábado, día 2 de marzo, ás 12 horas na Praza da Mariña de Burela, e que, por suposto, asistiremos á mesma.


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



