A Fundación Expomar e a asociación cultural e artesanal de mulleres palilleiras As Encaixeiras organiza, coa colaboración do Concello de Burela, Absa, a cofraría de pescadores de Burela e a Deputación de Lugo, o VII Encontro de Palilleiras que se desenvolverá en Burela o vindeiro 11 de maio. O Encontro de Palilleiras foi presentado esta mañá no salón de plenos do Concello coa presenza do alcalde, José Mª González Barcia, a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, representantes das Encaixeiras e da cofraría de pescadores, entre outros.
