A asociación Amigos das Viaxes prepara unha nova saída cara a Potes, Isla, Santander e Santoña para os vindeiros 13 e 14 de abril; despois da viaxe á Festa do Queixo de Arzúa onde 116 persoas disfrutaron tamén dunha “boa gastronomía e atención na Casa do Queixo de Grixalba”. O prezo da vindeira viaxe será de 70 euros por persoa en pensión completa. Ademais, o domingo 10 de marzo celebrarán unha reunión no Cenima ás sete da tarde para concretar detalles da viaxe ós Fiordos de Noruega entre as 100 persoas que xa están inscritas na mesma.
