O PSdeG de Lugo súmase un ano máis á iniciativa A Hora do Planeta, promovida pola organización WWF, que ten como obxectivo fundamental concienciar a cidadanía na defensa do medio ambiente. Por iso mañá sábado, a proposta da mesa sectorial de Medio Ambiente do PSdeG na provincia, todos os concellos gobernados polos socialistas apagarán as luces dos edificios institucionais entre as 20.30 e as 21.30 horas, un xesto ao que tamén se sumará a Deputación de Lugo.
“Desde o PSOE apostamos por unha transformación lóxica e necesaria que conduza cara o desenrolo sostible. Este cambio de rumbo debe iniciarse cunha evolución na mentalidade e nas actitudes dos cidadáns e cidadás”, apuntan os socialistas, tal e como figura nunha das resolucións do 38 Congreso do partido. “A Hora do Planeta encaixa perfectamente neste compromiso, nesta alerta sobre o uso que facemos dos nosos recursos esenciais, e acollemos como propio este chamamento a colaborar”, engaden, á vez que animan a todos os veciños e veciñas a que se sumen ao apagón simbólico.