Os seis parques do Consorcio Provincial de Bombeiros, entidade xestionada ó 50% por Xunta de Galicia e Deputación de Lugo, atenderon no que vai de ano un total de 104 emerxencias, das que o 70% foron incendios e rescates. En concreto, durante os meses de xaneiro e febreiro, os profesionais dos complexos de Viveiro, Barreiros, Vilalba, Sarria, Chantada e Monforte actuaron en 46 incendios en vivendas, alpendres, vehículos e forestais, e en 25 rescates e excarceracións. O groso das restantes intervencións foron fugas de auga ou gas, e limpeza de estradas.
Segundo os informes elaborados polos parques, o groso das saídas produciuse nas franxas 15:00 a 16:00 e de 17:00 a 19:00 horas, en días laborables, e o tempo medio de actuación, isto é, entre a chamada dos servizos de emerxencia ó parque, a chegada ó lugar do sinistro, as actuacións necesarias (apagando un incendio, ventilando, limpando, excarcerando ou liberando persoas atrapadas, atallando fugas de auga, etc.) e a volta ó parque é de 1 hora 50 minutos, un tempo récord segundo a opinión dos expertos, tendo en conta as condicións orográficas da provincia. Os vehículos percorreron un total de 16.078 quilómetros.
O complexo con maior número de intervencións nos dous primeiros meses do ano foi Barreiros, con 32, das que 8 se produciron en Foz, 7 en Burela, 5 en Mondoñedo, 4 en Ribadeo, 4 en Barreiros, 2 en Lourenzá e outras 2 en Alfoz.
Ó parque barreirense séguelles Vilalba, con 21 actuacións: 7 en Rábade, 4 en Xermade, 4 en Vilalba, 2 en A Pastoriza e 1 en Abadín, Guitiriz, Outeiro de Rei e nun Concello fóra do seu ámbito de actuación prioritario. Sarria atendeu 17 emerxencias: 9 no propio municipio sarriano, 2 no Corgo, 2 en Bóveda e 1 en Navia de Suarna, Pedrafita, Becerreá e A Fonsagrada. O parque de bombeiros de Monforte rexistrou 14 actuacións: 11 no Concello monfortino, 2 en Quiroga e 1 na Pobra do Brollón. O complexo de Chantada atendeu 11 incidencias: 4 de Monterroso, 2 de Chantada, 2 en Antas de Ulla, 2 en Portomarín e 1 en Carballedo. O parque vivairense foi o que rexistrou un menor número de emerxencias, con 9, das cales 7 se produciron en Viveiro e 2 en Cervo.
Demostracións prácticas para celebrar o patrón
O parque de bombeiros de Viveiro organizou mañá unha serie de actividades para celebrar o día do patrón do corpo, San Juan de Dios, actos ós que se sumará unha representación dos profesionais de Viveiro e Vilalba. Ás 11:30 horas terá lugar unha misa na igrexa parroquial de Celeiro, á que seguirá unhas demostracións prácticas na explanada situada enfronte das instalacións do complexo. Unha ducia de profesionais realizará un simulacro dunha fuga de gas con resultado de incendio e a excarceración de dous vehículos.
Estas actividades súmanse ás organizadas o pasado Nadal polos profesionais do complexo de Barreiros, que recadaron 10.400 quilos de alimentos para as familias máis desfavorecidas dos 10 Concellos nos que prestan servizo. Os produtos foron principalmente recollidos nun maratón de fútbol celebrado no campo Torques de Marzán, en Foz, entre bombeiros dos parques de Barreiros, Viveiro, Vilalba e Lugo, ademais de Gardas Civís, Policías Locais e persoal dos servizos de Protección Civil e do 061 -todos eles de ditos 10 Concellos-. O bombeiros de Barreiros ocupáronse de recoller os alimentos e distribuílos en lotes, para logo entregarllos os Servizos Sociais municipais.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



