Os socialistas de Cervo denuncian o gasto desorbitado en temas de comunicación do Concello de Cervo, subliñan que “un mes tras outro vemos baixo o rexistro como queda á vista de todos unha factura que lle supón trimestralmente ós veciños un gasto total de 5.700 euros por concepto de preparación, dotación e redacción de contidos da nova web municipal e xestión e dinamización de redes sociais”.
Os membros do Grupo Municipal Socialista aseguran que “se está a facturar de maneira camuflada un contrato a unha persoa para realizar os labores de prensa do Partido Popular do Concello de Cervo”.
Neste senso, pregúntanlle ó señor alcalde, Alfonso Villares, se se trata “dun contrato en diferido pois é moi dudoso que tódolos meses se facturen os mesmos 1.900 euros, co mesmo concepto e á mesma persoa ou máis ben é un contrato camuflado para non infrinxir o recente Real Decreto 20/2011 de 30 de decembro implantado polo seu líder, Mariano Rajoy, no que se expón a prohibición de contratar persoal por parte das administracións públicas, salvo en casos excepcionais ou necesidades urxentes”.
Dende o PSOE de Cervo afirman que, ademais desta maniobra curiosa, “é vergoñento ver como estes cartos están sendo tirados ó lixo porque precisamente a web do noso Concello é unha web totalmente obsoleta, estática, sen ningún dinamismo, na que non funciona como debera nestes momentos de dificultade laboral unha boa bolsa de emprego e na que están a día de hoxe practicamente os mesmos contidos que cando foi creada”.
Engaden que “non se entende que lle esteamos pagando a unha persoa esta cantidade de diñeiro para que o que se relata no concepto das facturas non amose ningún resultado” e esíxenlle ó señor Villares que dea unha explicación ós veciños “porque se non é un contrato en diferido, é unha burla a tódolos veciños de Cervo que están pagando este servizo habendo como hai outras moitas necesidades prioritarias”.



















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



