Mario Outeiro “a Xunta non pode deixar morrer agora por mala xestión unha iniciativa que ela mesma avalou con 9.4 millóns de euros, as súas responsabilidades directas a través do IGAPE son claras”.
Mario Outeiro cualificou a factoría de “vital para o tecido empresarial agrogandeiro lucense” e afirmou que “desde o BNG esiximos que a Xunta resolva este problema para que os gandeiros cobren polo leite entregado que se lles adebeda e se garanta a viabilidade e os empregos da factoría”.
“Segundo os últimos datos do paro rexistrado, Lugo conta con 1.200 persoas no paro no sector agrario en febreiro” lembrou Mario Outeiro.
Lugo, 5 de marzo de 2013. O responsábel comarcal do BNG en Lugo, Mario Outeiro, reclamou unha implicación manifesta da Xunta de Galiza para garantir “a viabilidade de Alimentos Lácteos tralo seu anuncio de cese de produción temporal e a súa previsión de aplicar un ERE temporal aos traballadores. Desde o BNG defendemos que a Xunta non pode deixar morrer agora por mala xestión unha iniciativa que ela mesma avalou con 9.4 millóns de euros de todas e todos os galegos”. A situación económica desta empresa foise deteriorando a cada paso malia terse achegado cuantiosos recursos públicos por parte de diferentes departamentos dependentes da Xunta de Galiza, nomeadamente o IGAPE. Esta situación crítica non pode ser de recibo cando se ten optado por este proxecto como o máis serio e viable dende a Xunta de Galiza, e neste momento a sombra do peche é unha opción a concretar en calquera intre trala paralización do envasado e o ERE, logo que o deterioro do proxecto pode precipitar a perda de clientes dun produto de boa referencia no sector alimentario.
Mario Outeiro afirmou que “desde o BNG demandamos á Xunta de Galiza a súa implicación para garantir que os gandeiros cobren polo leite que xa teñen entregado e polo que se lles adebedan grandes cantidades, que o goberno galego se poña a traballar para garantir a viabilidade e os empregos da factoría e que a Xunta se implique para que o proxecto teña futuro e continuidade para que o leite producido en Galiza xere riqueza en Galiza. A xuízo do Bloque Nacionalista Galego, manter o emprego na factoría de Outeiro de Rei e recuperar a súa actividade empresarial é fundamental para facer viable o proxecto de base cooperativa e para xerar riqueza e emprego nunha comarca de Lugo cunha importante produción leiteira e tamén para consolidar e aumentar o valor do noso sector lácteo, no camiño de conseguir un Grupo Lácteo Galego”. Por iso á vista do papel tan relevante que tivo a Xunta de Galiza na aposta pola opción de Alimentos Lácteos debe ser esta, ante a delicada situación a día de hoxe, a que actúe para garantir a continuidade da actividade, o mantemento dos postos de traballo e garantir que as e os gandeiros non se vexan prexudicados por esta situación.
Tres anos despois de comezar a súa andanza, a situación actual da empresa Alimentos Lácteos S.A. é crítica. Dunha banda é notorio o esmorecemento do proxecto de base cooperativa, pois moitas das cooperativas non están a achegar o seu leite, tanto polos impagos da materia prima, como polas continuas desavinzas co modelo de representación polo que optou Alimentos Lácteos e que tivo o beneplácito do Goberno da Xunta. Doutra banda un profundo cambio no sistema de xestión e de créditos sucedidos no derradeiro ano, polo cal non se está a inverter en materia prima, chegando a darse a situación crítica que non ter capacidade de abastecer á demanda das marcas propias, que, ate o de agora, foron o seu maior valor engadido.
Hai que lembrar que o BNG considerou no seu momento que manter a factoría de Outeiro de Rei era clave para a consecución dun grupo lácteo galego, e así o entenderon tamén as principais cooperativas agrarias de Galiza que ofreceron, no seu día, alternativas viábeis para comprar e manter activa a fábrica de Pascual se, para isto, contaban co apoio e colaboración da Xunta de Galiza, tendo en conta que o goberno galego debe impulsar aquelas accións empresariais encamiñadas a crear riqueza e emprego no noso País. Non obstante, a iniciativa que a Xunta de Galiza avalou foi a de Alimentos Lácteos fronte á outra serie de cooperativas, polo que non nos queda máis que esixir agora que sexa a Xunta de Galiza quen actúe para garantir a continuidade da actividade, o mantemento dos postos de traballo e garantir que as e os gandeiros non se vexan prexudicados por esta situación.
Mario Outeiro lembrou ademais que “a perda dos empregos directos de Alimentos Lácteos sería un novo drama para o agro lucense, que no mes de febreiro rexistra 1.232 desempregados”.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



