Varios membros da xunta directiva ACISA formarán parte da Comisión de Festas da Patroa 2013, segundo deu a coñecer esta mañá o colectivo. En dita comisión de festexos tamén estarán o Concello de Ribadeo e varios veciños e veciñas da localidade. O vindeiro 24 de marzo celebrarase en Ribadeo unha nova edición do Festival de Primavera coa orquestra Panorama, como actuación estelar. Desde a organización sinalan que “o obxectivo deste festival é darlle a benvida á primavera, disfrutar do espectáculo dunha das mellores orquestras de Galicia, e recadar fondos para as festas patronais de Ribadeo”. O Festival de Primavera dará comezo ás nova da noite do vindeiro domingo 24 de marzo no aparcamento municipal de Ribadeo, lugar de celebración das festas patronais e deste tipo de nos últimos anos.
Panorama participa no Festival de Primavera de Ribadeo
Panorama participa no Festival de Primavera de Ribadeo
Relacionado
-
O alumnado de 6º curso de Educación Primaria do Colexio Sagrado Corazón, de Ribadeo, celebrou cun evento o seu paso á ESO
-
O deputado de Rural, Daniel García, achegouse á rapa das bestas do Campo do Oso, que se celebrou este domingo coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación
-
O Museo Etnográfico de Trabada acolleu este sábado a xornada “Saberes e Sabores do Eo”