Os patróns maiores das confrarías de pescadores de Burela e Ribadeo, Basilio Otero e Celia Pacio, participaron na Praza de Abastos ribadense nunha charla coloquio titulada “O noso peixe, temos que defender o noso”. O acto enmárcase dentro da campaña de dinamización da praza que se presentaba a semana pasada. Nesta mañá tamén se desenvolve unha Fish Jam Session, cociña en directo a cargo do restaurante Casa Pepe na que interveñen os cociñeiros Felipe Barcia e Rafael Jiménez. Ao remate da sesión haberá unha degustación dos produtos que alí se cociñen. Esta xornada de pesca sostible foi organizada pola Asociación de Profesionais e Vendedores da praza de abastos e pola Concellaría de Desenvolvemento Local de Ribadeo coa colaboración da Consellería de Economía e Industria.






















Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



