A Mariña, 14 de marzo de 2013. A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña cualificou o “plantón de alcaldes e representantes do PP na comarca” de “desprezo aos intereses sanitarios da comarca” que ven a sumarse á negativa do Partido Popular sumar esforzos con esta plataforma, á que foron convidados en reiteradas ocasións, para unir ás forzas sociais e políticas na defensa dunha área de xestión integrada para A Mariña e evitar dependencias alleas que van diminuír a calidade asistencial sanitaria na nosa bisbarra. A Plataforma explica que boa proba do sentir popular da Mariña está na recollida de sinaturas a favor da autonomía sanitaria comarcal xa que en pouco tempo xa se levan recollidas preto de 4.000 sinaturas de sanitari@s e usuari@s que nos próximos días serán dirixidas á Consellaría de Sanidade.
A PLATAFORMA LAMENTA O PLANTÓN DE ALCALDES E REPRESENTANTES DO PP NA MARIÑA Á CONVOCATORIA DE FACULTATIVOS DO HOSPITAL DA COSTA PARA EXPLICAR OS EFECTOS DUNHA ÁREA DE XESTIÓN INTEGRADA PROVINCIAL.
A plataforma cualificou como “desprezo aos intereses sanitarios da comarca” o plantón de alcaldes e representantes do Partido Popular á convocatoria efectuada por facultativos do Hospital da Costa que tiña como único fin explicar os efectos sobre a calidade asistencial na Mariña do decreto de xestión integrada de ámbito provincial que a Consellaría pretende aprobar nas próximas datas.
A Plataforma non quixo deixar pasar as contradicións entre as promesas dos representantes do PP na Mariña que anunciaron a implantación dun servizo de quimioterapia na comarca que despois foi desmentido polo propio SERGAS e pediron a estes dirixentes políticos que “deixen de mentir e xogar coa dor da xente porque xa perderon a pouca credibilidade que lles podía quedar ”.
Para a Plataforma este plantón ven a sumarse aos xa recibidos por estes representantes políticos diante dos reiterados convites que lles levamos feito para unir esforzos no interese de reclamar unha área de xestión integrada de ámbito comarcal pola que levamos traballando dende fai preto de tres anos. Non é de recibo, reiteraron, “que sexan unicamente os dirixentes do PP os que se manteñan alleos a esta demanda maioritaria das forzas sociais, políticas, sindicais e dos profesionais sanitari@s da comarca” e volveron reivindicar “un cambio de actitude destes dirixentes que no canto de retratarse ao lado da sociedade que os votou fano ao lado de intereses partidistas”
PRETO DE 4.000 SINATURAS XA AVALAN UNHA ÁREA DE XESTIÓN INTEGRADA PROPIA PARA A MARIÑA QUE SE FARÁN CHEGAR Á CONSELLARÍA DE SANIDADE
A Plataforma informou que “xa existen preto de 4.000 sinaturas de profesionais sanitari@s e usuari@s da comarca avalando unha área de xestión integrada propia para A Mariña, a adecuación do cadro de persoal sanitario ás necesidades da comarca e o cumprimento das promesas en relación á ampliación do Hospital da Costa”. Para a Plataforma “esta é unha boa proba do sentir da sociedade ao que algúns non queren sumarse” e pediron un último esforzo para continuar coa recollida a fin de presentalas como aval diante da Consellaría de Sanidade para facerlle entender que a sanidade pública non pode ser vista dende un punto de vista mercantil senón como un servizo público esencial para a sociedade.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



