A XXII Festa do Ourizo de San Cibrao, declarada de interese turístico nacional, arrincará o sábado 9 de marzo ás once e media da mañá coas XIII Xornadas Técnicas sobre o ourizo na carpa instalada na praza dos Campos.
Pilar Martínez López, autora do blog “La cocina de lechuza” ofrecerá unha conferencia baixo o nome “O ourizo: un bocado de mar na cociña”; mentres que os cociñeiros galegos con estrela Michelín, Pepe Solla e Pepe Vieira, prepararán receitas nas que o ourizo será o ingrediente principal durante o “Show Cooking” ou cociña en vivo. Os pratos poderán degustarse acompañados de viño Albariño.
Arredor das dúas da tarde clausuraranse as XIII Xornadas Técnicas e arrincará o XII Concurso Gastronómico do Ourizo na Casa da Cultura de San Cibrao onde os establecementos participantes na festa farán entrega dos pratos. Ás dúas e media desenvolverase a cata e deliberación por parte do xurado para facer entrega dos premios e distincións do concurso arredor das tres da tarde.
XXII Degustación Festa do Ourizo de San Cibrao
A degustación deste produto gastronómico poderase realizar durante toda a xornada do sábado 9 de marzo na carpa da Praza dos Campos ou nos establecementos participantes. A partir das seis da tarde, os locais do concurso tamén ofrecerán degustación de especialidades.
As charangas Manca na Cheda, de Mondoñedo; Charanga de Vilalba, e Aturuxo, de Ribadeo; ademais dos gaiteiros Airiños do Xunco, serán os encargados de poñer música a esta festa.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



