Hoxe é día de San Rosendo, efeméride que nos toca de preto, pois é patrono da diocese e sobremaneira ós focegos, xa que foi bispo de San Martiño e, segundo as crónicas, o gran impulsor da hoxe basílica. Nacera o ano 907 en Santo Tirso, preto de Oporto. Bispo tamén en Iria Flavia e Compostela e creador-protector de varios mosteiros; fundador do de Celanova. Acaso o persoeiro mais importante da Galicia do s.X, a súa obra abrangue os mais diversos aspectos. Personalidade que entroca coas principais vellas estirpes da nosa terra, no pazo de San Martiño residía co bispo Sabarico II, seu tío, que de Dumio trouxera a Sé Episcopal, baixo cuxa protección se formaba. En 925 finou aquel quedando vacante o bispado; o sucesor debe elixirse entre os clérigos daquela igrexa e resultou escollido Rosendo, aínda que el non aceptaba de bo grao dada a súa idade de tan só 18 anos, pero día a día o seu nome gañaba en respecto e prestixio: non se deu conflito de importancia na Galicia daquela época sen que fose invocado como único que podía tranquilizar os ánimos, poñer remedio e dar solución ós mais agrios e ásperos retos. Polo 934 concibiu a idea de fundar un gran cenobio e consagrou á obra tódolos esforzos, deixando para a posteridade a magnificencia do Mosteiro de Celanova.
Santo Tirso é un dos mais fermosos recunchos do Douro Litoral, onde cada lugar é un xardín e unha xanela aberta sobre a verdescente paisaxe. O mosteiro de san Benedicto, no centro urbán, fundado no s.X dinamizou o devir da cidade. Monumento Nacional, no museo exhibe os achados arqueolóxicos locais e nel realízanse variadas exposicións: o día que nós o visitamos ollamos unha moi curiosa de guitarras e violas. No noso nomenclátor persoal Santo Tirso é “a vila-xardín”: lugar precioso! Nas rúas e espazos públicos abundan as árbores, as flores, a vexetación, nun entorno urbano harmónico, sen estridencias: un bo espello no que mirarse…
Suso Fernández

















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



