O venres, 8 de marzo, ás 19:00 horas, continúa o ciclo “A Arqueoloxía e o Mar: Navegando na nosa historia”, cunha conferencia a cargo de Edgard Camarós, co título “Océanos de humanidade. O papel do mar na evolución humana”. Estes relatorios teñen por obxectivo valorar o papel do mar ao longo da nosa historia. Organizan Marián Cueto (Instituto Internacional de Investigacións Prehistóricas de Cantabria, IIIPC) e Edgard Camarós (Instituto Catalán de Paleoecoloxía Humana e Evolución Social, IPHES), e patrocinan a Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo e a Rede Museística Provincial. ENTRADA DE BALDE.
Segunda conferencia do ciclo A Arqueoloxía e o Mar. Navegando na nosa historia
Segunda conferencia do ciclo A Arqueoloxía e o Mar. Navegando na nosa historia
Relacionado
-
A UNED de Lugo ofrece unha conferencia sobre o uso da voz na divulgación científica e no liderado profesional
-
Esta fin de semana a Bolera Municipal de Sumoas, Xove, acollerá unha cita deportiva de máximo nivel: o Campionato de España Feminino Iberdrola, nas modalidades individual e por parellas
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba