A aula da UNED de Foz, en colaboración do Concello, organiza un novo seminario baseado nos seguros. Esta actividade conta con 50 horas lectivas que se desenvolverán entre o 22 de abril e o 6 de maio do 2013 das catro ás nove da tarde. Os alumnos interesados en participar deberán formular a inscrición on line e entregar o xustificante de pago na secretaría do centro ou facéndollo chegar por enderezo electrónico a foz@lugo.uned.es. O prezo é de 30 euros, aínda que para os alumnos e alumnas, así coma para os desempregado se desempregadas, será de 25 euros.
Seguros na UNED de Foz
Seguros na UNED de Foz
Relacionado
-
A Praza da Pulida de Cariño foi escenario este venres da representación da obra ‘Costa da Morte: Cartografía dun naufraxio’, dentro da xira de presentación desta coprodución do Centro Dramático Galego coa creadora Mariña Lestón
-
Remataron as Noites de Volei Praia en Cervo
-
En Academia A Mariña deu comezo a décimo segunda edición da Escola de Minitalentos