A Mariña vivirá este sábado outra festa do fútbol sala, con cheo absoluto. Un Burela FS Pescados Rubén diferente, coa estrea de Juanlu na dirección, retará a hexemonía do FC Barcelona Alusport na 18ª xornada da elite, a partir das 19.30 horas. A venda de entradas na taquilla de Vista Alegre estará aberta dende as 18.15 horas.
O cadro laranxa recibirá na bomboneira o líder de Primeira (40 puntos) e recente campión da Copa de España, que validou o título o domingo pasado en Alcalá de Henares por terceira edición consecutiva, un privilexio histórico só compartido polo Caja Segovia.
Os capitáns burelistas Juanma e Edu transmitiron as boas sensacións nesta primeira semana baixo as ordes de Juanlu, así como a ilusión do equipo na nova etapa: “Foi unha semana con moita información nova sobre o que o adestrador quere de nós e a súa filosofía de xogo que acollemos moi ben; foi unha semana bastante boa” coincidían o alfocego e o naronés.
O Barcelona inaugura un complicado calendario para os laranxas, que aínda terán que verse as caras nas seguintes semanas aos outros dous grandes, Inter Movistar e ElPozo Murcia. “Para nós é un orgullo medirnos ao Barcelona, un dos mellores equipos do mundo, e que o pavillón estea repleto. Somos conscientes do envergadura do reto, pero en Vista Alegre ninguén gañou de xeito doado” advertiu Edu, puntualizando Juanma sobre a coraxe e o afán de superación laranxas: “Somos conscientes de onde estamos, pero non imos regalar nada, exporémonos coma se fose un rival directo. O Barcelona virá a gañar, non creo na relaxación tras a Copa e menos coas tres únicas derrotas nas últimas xornadas; quererán volver a gañar na liga” explicaba o Mariskal, facendo referencia aos encontros dos cataláns ante Zaragoza (8-4, 16ª xornada), Triman (3-1, 14ª) e Ríos Renovables (5-4, 13ª).
“Vista Alegre sempre nos apoia, pero este será un encontro moi importante para o Burela FS polo que representa o Barça como entidade. Estaremos arroupados pola afección de sempre, pero tamén asistirá moita xente que presenciará por primeira vez o fútbol sala, que seguramente quede enganchada ao espectáculo deste deporte” concluía Juanma.
Compoñerán a primeira convocatoria de Juanlu Edu, Mimi, Iago Míguez, Enrique, Isi, Juanma, Matamoros, Christian, Iago Barro, Hugo, Nacho Pedraza e Cesinha. Nas filas blaugranas, serán baixa Paco Sedano e Ari Santos, segundo a información facilitada dende o club catalán.
Peugeot 4008. Coincidindo co Burela FS-FC Barcelona, os afeccionados terán a oportunidade de contemplar a elegancia urbana e confortabilidade do Peugeot 4008, modelo que estará exposto nas inmediacións de Vista Alegre grazas ao colaborador do club laranxa, Talleres Pomeda de Burela.
Inter Movistar. O equipo laranxa disputará a 19ª xornada de Primeira o venres 8 ante outro dos todopoderosos, o Inter Movistar (pavillón Caja Madrid, 21.00 horas).





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
