A Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, e o escritor de libros infantís e xuvenís Antonio Reigosa participaron este martes nas actividades que a Deputación de Lugo programou nos xardíns de San Marcos para conmemorar o Día do Libro. Nestes actos tiveron un especial protagonismo os nenos e, particularmente, aqueles que tomaron parte nos Obradoiros Infantís do Centro de Artesanía e Deseño celebrados a pasada Semana Santa.
A xornada comezou coa tradicional lectura continuada do clásico de Cervantes El ingenioso hildalgo Don Quijote de la Mancha, iniciada por Regina Polín, á que relevou na tarefa Reigosa. Tras eles, algúns dos adultos presentes animáronse a dar lectura á diferentes fragmentos da obra.
Tras os maiores chegou o momento dos nenos. Neste caso, o libro escollido foi A Escola de Briador, obra do propio Antonio Reigosa. Trátase ademais dun exemplar moi especial, xa que é unha edición ilustrada pola tamén lucense Noemí López, que ven de expoñer no CENTRAD a mostra Contando con imaxes, ademais de ter participado no Obradoiro Artesanal de Contos exercendo de monitora dos nenos presentes hoxe. Cada un dos rapaces recibiu un exemplar desta obra de fantasía.
Este non foi o único agasallo que se lles entregou. O segundo presente foi un díptico que recolle dúas ilustracións, precisamente inspiradas no Quijote, que foron realizadas por eles mesmos durante o Obradoiro do Conto e que tamén contén os nomes e apelidos de todos os nenos que compartiron o seu tempo de lecer escolar nas actividades organizadas no Centro de Artesanía.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



