Cervo, 23 de abril de 2013-A praza dos Campos de San Cibrao converteuse durante todo o día nunha Biblioteca ao aire libre. A Concellería de Cultura puxo en marcha esta orixinal iniciativa para celebrar o Día do Libro e, deste xeito, fomentar a lectura como unha actividade moi beneficiosa para o desenvolvemento intelectual. Pero, ao mesmo tempo, o Concello aproveitou esta data para facer visible a Biblioteca como servizo público que se ofrece durante todo o ano nas vilas de Cervo e San Cibrao.
Ao longo desta xornada, a Biblioteca na rúa ofreceu varias zonas de consulta e lectura, diferenciando por idades e creando varios ambientes; así como os servizos de alta de socio e de préstamo de libros. Xa pola tarde, os nenos e nenas participaron en actividades específicas para eles con obradoiros creativos. “La jornada de hoy es muy importante, porque por un día la sociedad pone el foco de interés en la lectura” explica a edil de Cultura, Begoña Alonso.
Por iso, xunto á Biblioteca ao exterior, as librerías de San Cibrao puxeron á venda libros de ocasión e a prezos especiais. Ao mesmo tempo, Alonso engade que “desde el Concello queremos ir más allá de una actividad puntual para potenciar la lectura todo el año, por eso invitamos a todos los cervenses a acudir a la Biblioteca Municipal y a consumir libros en general”.





















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



