Esta proba que se presentou hoxe na Deputación disputarase o 18 de maio con saída e chegada a Piornedo e con 146 km e 3.600 metros de desnivel coa temible subida ao alto do Pan do Zarco
Lugo, 23 de abril de 2013. O vicepresidente nacionalista da Deputación de Lugo e delegado de Benestar Social e Deporte, Antonio Veiga, presentou esta mañá a segunda marcha cicloturista “Descubre a Montaña Lucense – Gran Fondo Pan do Zarco – 2º Desafío Ezequiel Mosquera, unha marcha cicloturista de 146 quilómetros e 3.600 metros de desnivel acumulado que transcorrerá polos concellos de Cervantes, Becerreá, Navia de Suarna e Pedrafita. Esta proba amateur está organizada polo Club Deportivo Amigos de Ezequiel Mosquera e conta co apoio e patrocinio da Área de Deportes da Deputación de Lugo e os concellos polos que transcorre a proba, ademais de múltiples patrocinadores privados e outros deportistas de alto nivel que estiveron arroupando a Ezequiel Mosquera nesta presentación na Deputación de Lugo, coma o adestrador do RC Deportivo, Fernando Vázquez, que o ano pasado tentou o ascenso ao Pan do Zarco pero quedouse ás portas.
Antonio Veiga, vicepresidente da Deputación de Lugo, afirmou que “estamos diante dun evento deportivo que constitúe todo un reto para os ciclistas, nun dos portos de montaña sen dúbida máis duros do noso país e do resto de España. Este tipo de probas teñen unha repercusión deportiva altísima, non hai máis que ver a cantidade de amigos de Ezequiel Mosquera que se congregaron hoxe aquí só para esta presentación, e seguro que acada unha participación e repercusión máis alta que o ano pasado. Ademais, hai que ter en conta que constitúe unha oportunidade turística e de posta en valor do noso territorio enorme, que nos serve para facernos conscientes da riqueza natural e paisaxística que en Galiza atesouramos”.
Na presentación desta “Descubre a Montaña Lucense – Gran Fondo Pan do Zarco – 2º Desafío Ezequiel Mosquera”, que conduciu o xornalista Terio Carrera, tamén participaron o propio Ezequiel Mosquera; Fernando Vázquez, padriño da proba e adestrador do R.C. Deportivo da Coruña; Xosé Manuel Oliveira, presidente do CD Amigos de Ezequiel Mosquera e do comité organizador da proba; Ricardo Terceiro, representante Federación Galega de Ciclismo; e Manuel Martínez, e José Fernández, alcaldes de Becerreá e de Navia de Suarna. Ademais, numerosos deportistas de elite estiveron arroupando esta presentación como os irmáns Vallejo ou o piloto Pedro Burgo, e o ciclista Delio Fernández, que vén de Gañar o Gran Premio Liberty Seguros en Portugal.
Tal e como relatou Fernando Vázquez, “a veces son necesarias oportunidades deportivas e recreativas coma estas para subirse a unha bicicleta e percorrer lugares que nin nós mesmos sabíamos que existían. De verdade, fan falta probas coma esta para que nos deamos conta do fermoso país que temos”.
Pola súa banda, Ezequiel Mosquera agradeceu a todas as persoas e institucións que dunha maneira ou doutra poñen o seu grao de area no “inxente traballo de organización que conleva poñer en marcha unha proba deste tipo, unido á dificultade de facer que a propia saída e chegada sexan en Piornedo de Ancares, pero é aí onde radica a grandeza desta carreira e deste deporte, a oportunidade que se dá a través de percorrer as montañas dos Ancares e situalos no mundo, subindo a un dos portos máis duros de España. Tiñamos que sacalo do anonimato e poñelo en valor, algo que creo que o conseguimos grazas a todos”.




















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
