– É unha dobre convocatoria da 3ª edición das xornadas celebradas anteriormente cun enorme éxito e nas que moitos profesionais quedaron en lista de espera.
– En Lugo, un 25% dos profesionais contan con cans desta raza para as labores de pastoreo, cuxo uso está moi estendido en España, especialmente nos Pirineos.
– O experto Alejandro Ibarre Artus impartirá este curso, que conta con 20 prazas dispoñibles. Información en 660 541 534 ou en victordagrelo@hotmail.com.
A Deputación de Lugo volve convocar unha nova edición do curso de adestramento de cans da raza Border Collie para tarefas de pastoreo, motivado pola gran demanda e éxito que acadaron as dúas edicións celebradas en Cospeito e A Fonsagrada o pasado ano e nas que máis de 20 gandeiros da provincia acudiron cos seus cans para recibir formación específica en pastoreo, algo que debe comezar, segundo os expertos, entre os 5 e os 10 meses de idade do can.
A raza Border Collie está especialmente indicada para o pastoreo de gando, polas súas peculiaridades aptitudes xenéticas que facilitan enormemente o traballo de gandeiros, permitindo que un pastor acompañado dun só can poida dirixir rabaños de ata 700 animais. Na provincia de Lugo, aproximadamente un 25% dos gandeiros conta con cans desta raza para labores específicas de condución do gando.
Nesta ocasión, é ante o gran número de peticións recibidas, está organizada unha dobre convocatoria que se celebrará en Cospeito os días 13 e 14 de abril. Cada un destes días serán 10 os gandeiros que tomarán parte neste curso de carácter eminentemente práctico e que se desenvolverá de 9:30 a 13:30 horas pola mañá e de 15:00 a 19:00 horas pola tarde. Tamén se proxectarán vídeos explicativos das diferentes técnicas empregadas polos expertos para pastorear con esta raza de cans segundo as características o terreo, dos animais do rabaño ou ben do propio can. Os participantes recibirán copias dos mesmos para completar os coñecementos recibidos.
O encargado de impartir este curso será novamente o experto navarro Alejandro Ibarra Artus. Os interesados poden obter máis información no teléfono 660 541 534 ou en victordagrelo@hotmail.com.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



