– Máis do 90% dos municipios que integran o Club dos Renovables se sumaron a esta iniciativa tan só rexeitada por Meira, Cervo, Palas de Rei e Sarria malia non supor custe algún para as entidades locais.
– A institución aforra ós Concellos os 5.000 euros que custa a revisión da facturación eléctrica, segundo os prezos do mercado, e garántelles unha redución inmediata no gasto dun 20% ó ano.
– Técnicos da Axencia Provincial da Enerxía, creada con fondos da UE, asumirán estes traballos xa realizados nas dependencias da Deputación, supoñendo un aforro de 123.000 euros anuais.
A Deputación revisará gratis a facturación eléctrica a 42 Concellos para que obteñan o máximo aforro no gasto eléctrico e eviten posibles situacións de abuso por partes das compañías. O organismo provincial vén de pechar o prazo de inscrición para que os 46 municipios ós que lle ofreceu esta iniciativa, os que integran o Club dos Renovables, se sumasen. Máis do 90% das entidades locais se adheriron. Tan só a rexeitaron Meira, Cervo, Palas de Rei e Sarria a pesares de non supor ningún custe para as arcas locais. A institución luguesa asume todos os custes, realizando estes traballos con medios propios. Técnicos da Axencia Provincial da Enerxía, posta en marcha con fondos da Unión Europea, realizarán nas vindeiras semanas estudos personalizados e ofrecerán asesoramento in situ a cada un dos municipios adheridos.
Estes son os seguintes: Baralla, Barreiros, Cervantes, O Corgo, Guntín, O Incio, Mondoñedo, Paradela, A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, A Pobra do Brollón, Portomarín, Quiroga, Rábade, Ribas do Sil, O Saviñao, Trabada, Triacastela, O Valadouro, O Vicedo, Xove, Sober, Ribadeo, Friol, Riotorto, Viveiro, Bóveda, Becerreá, Negueira de Muñiz, Burela, Samos, Láncara, Pol, A Fonsagrada, Monforte de Lemos, Monterroso, Guitiriz, Castroverde, A Pontenova, Baleira, Abadín e Navia de Suarna.
Aforros
Os Concellos beneficiaranse gratuitamente dunha medida que a propia Deputación xa aplicou nas súas instalacións provinciais, coa que reformou o contrato eléctrico, reducindo destes gastos nun 25% e aforrando 123.000 euros ó ano. Tendo en conta que estes 42 municipios non terán que investir os 5.000 euros que, segundo os prezos do mercado, custa a revisión e control da facturación eléctrica xa que os técnicos da Axencia Provincial da Enerxía realizarán estes traballos, o aforro para mencionados 42 municipios serán dobre. Ademais, coa aplicación das recomendacións que recollerá o estudo, cada entidade local obterá un aforro inmediato de ata un máximo dun 20% ó ano na factura eléctrica. Por exemplo, un Concello medio da provincia con 5.000 habitantes, que paga ó ano 200.000 euros pola luz, poderá aforrar un máximo 40.000 euros.
Cuestións a avaliar
O amplo estudo que realizará a Axencia Provincial da Enerxía abordará cuestións como as seguintes: se as condicións que ofrece a compañía ó Concello son as mellores do mercado, ou hai outras empresas con tarifas e servizos máis axeitados ás súas necesidades; se está pagando unha penalización ou recargo por non optar por unha compañía comercializadora do mercado libre; se a empresa lle está liquidando correctamente o imposto que lle ten que pagar polo uso do solo e o subsolo; se hai erros na factura (cálculo, aplicación de prezos…); se a tarifa aplicada se adecúa ó consumo real de cada subministro, ou se a potencia contratada se adecúa ó subministro, ou pode reducirse.
Unha nova vantaxe de ser Concello Renovable
O Club dos Renovables xurdiu o ano pasado tras ofrecer a todos os municipios da provincia –agás o de Lugo- outras iniciativas de aforro medioambiental. Sumáronse voluntariamente 46 Concellos de todas as cores políticas, é dicir, o 70% dos da provincia. O primeiro programa que lles ofreceu a Deputación foi a realización gratuíta de auditorías enerxética, que a institución luguesa está a rematar. O organismo provincial tamén proporcionará a custe cero a estes municipios os materiais e dispositivos necesarios para mellorar a eficiencia enerxética que determinen ditas auditorías, por exemplo, lámpadas LED, válvulas termostáticas, programas de rego ou detectores de presenza. O análise da facturación é, polo tanto, unha vantaxe máis de terse sumado ó Club dos Renovables.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



