Burela, 13 de abril de 2013. O alcalde de Burela, José María González Barcia, e a concelleira de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade, Diana Durán García, presidente e vocal respectivamente do Padroado da Fundación Eu Son, amósanse satisfeitos tras a subvención que esta entidade acaba de conseguir da Xunta de Galicia.
Por resolución da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) da Consellería do Medio Rural e do Mar dita fundación resultou beneficiaria dunha axuda no marco da convocatoria de subvencións a proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia 2012-2013 promovidas por asociacións e entidades sen ánimo de lucro, e que ascende a 4.886,80 euros, “o que supón o 100% da subvención”, segundo explica Diana Durán.
González Barcia afirma que “con concesións de axudas deste tipo non só se asegura a continuidade da prestacións de servizos por parte de entidades sen ánimo de lucro, senón que se incrementa a calidade da propia atención ás persoas beneficiarias”.
Pola súa banda, Diana Durán, maniféstase compracida posto que “este proxecto ten como obxectivo a adquisición dunha plataforma elevadora eléctrica para a adaptación dun vehículo da Fundación Eu Son, o que supón que todas as persoas con discapacidade intelectual e que presenten discapacidade física engadida beneficiarias dos servizos da Fundación estarán nas mesmas condicións para desprazarse xunto aos seus compañeiros, cumprindo o principio de igualdade e fomentando a integración social, xa que así poderán realizar todas e todos as mesmas actividades tanto terapéuticas como de ocio”.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



