Ribadeo, 30 de abril de 2013. O Cine Teatro acollerá o vindeiro sábado, 4 de maio, a presentación dun selo da Ponte dos Santos editado por Correos. O acto contará coa presenza do presidente deste organismo, Javier Cuesta, e da ministra de Fomento, Ana Pastor.
O rexedor, Fernando Suárez, dixo que “desde o Concello de Ribadeo valoramos positivamente este acto que vai ter lugar este vindeiro sábado aquí, en Ribadeo. Trátase da presentación pública deste selo que o servizo de Correos estatal vai presentar e onde reflexa a Ponte dos Santos, esta infraestrutura tan importante, que tanto supuxo para Asturias e para Galicia, que une Ribadeo con Castropol sobre a ría de Ribadeo”.
Suárez Barcia sinalou que “este acto no que tivo unha implicación moi importante Víctor Calvo-Sotelo e que se celebrará este sábado ás once da mañá no Teatro de Ribadeo e que desde logo é aberto a todo o público que queira asistir e aparte de contar coa asistencia do presidente de Correos do Estado estará tamén a ministra de Fomento, Ana Pastor”. E engadiu que “aquí, en Ribadeo, é unha presenza desexada sobre todo polas infraestruturas pendentes que temos demandado toda a Corporación Municipal de maneira unánime, como son un acceso intermedio na circunvalación, neste vial tan importante pero que ten moito menos uso do que podería ter no caso de contar cun enlace que permitira que a estrada da Deputación que ven das parroquias do interior puidera ter acceso directo, sobre todo polos camións de madeira que saen das parroquias do interior; así como tamén dunha nova saída da autovía A-8 en Ribadeo á altura das rotondas de Vilaselán en sentido Asturias, que tamén o Congreso dos Deputados xa hai tres ou catro anos se ten pronunciado de maneira unánime en favor desta saída inexistente polo momento”.
O alcalde ribadense subliñou que “é polo tanto importante a presenza da ministra polo acto en si e tamén polo que entendemos que é un compromiso que o Ministerio de Fomento ten e terá con Ribadeo”.



















Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



