Os integrantes de Xuventudes da provincia de Lugo Miguel Caloto, Jesús Vázquez Tallón e Cristina Losas convertéronse esta fin de semana en membros da nova Executiva Nacional das Xuventudes Socialistas de Galicia, que liderará o ferrolán Aitor Bouza despois de lograr o 96,05% dos votos no XIV Congreso Extraordinario celebrado en Poio (Pontevedra).
Miguel Caloto, de 28 anos, é o novo Secretario de Organización da Executiva Nacional. Conta con experiencia orgánica previa, xa que na actualidade ocupa idéntico cargo na agrupación local de Lugo, ademais de formar parte da Executiva Local do PSdeG-PSOE de Lugo. Especializado na área informática e no sector forestal, será un dos piares da organización dos mozos e mozas socialistas nos próximos años.
Jesús Vázquez, de 24 anos, é novo membro da Executiva Nacional e encargarase asimesmo da Coordinación das XXSS na provincia de Lugo. Tamén ten experiencia orgánica, xa que na actualidade ocupa áreas relacionadas coa cultura, a educación e o deporte. É docente e ten formación en Socioloxía, Ciencias da Actividade Física e do Deporte e Ciencias Políticas.
Cristina Losas será secretaria executiva da Executiva Nacional, ademais de ocupar na actualidade a Secretaría Xeral das Xuventudes Socialistas de Ribadeo e formar parte da Executiva local do PSdeG-PSOE ribadense. Deste xeito, a comarca da Mariña volve ter representación no máximo órgano dos mozos e mozas socialistas.