Foz, 29 de abril de 2013. O primeiro tenente de alcalde, o popular Pedro Fernández Manín, respondeu hoxe as últimas críticas realizadas polo portavoz de Unifoz, Jaime Cancio, sobre gastos do Concello e lembrou que cando era concelleiro de Cultura Cancio gastaba moito máis que o actual goberno local.
Fernández Manín manifestou que “parece mentira que o señor Cancio se pare nunhas facturas de 600 euros da Cabalgata de Reis cando el nos seus tempos como concelleiro de Cultura gastaba moito máis: hai facturas de fogos de artificio de 2.000 euros, pagaba cabalos e moito máis de gastos sen problema ningún. Neste momento o señor Cancio non se acorda do que gastaba, actuando como dono e señor”.
O primeiro tenente de alcalde tamén comentou que o portavoz de Unifoz “xa preguntou no pleno pola compra dunha fotocopiadora e explicóuselle que os motivos son que se vai aforrar o 50 por cen en tóner. Cando el estaba no goberno local pagábanse 20.000 euros de gastos de tóner no Concello de Foz máis aparte o papel. Por conseguinte practicamente nun ano vaise amortizar a fotocopiadora”.
Manín engadiu que Cancio “tamén pide que o alcalde presente unha moción de confianza, pero o Concello de Foz non ten necesidade nestes momentos dunha moción de confianza porque temos uns presupostos municipais aprobados o ano pasado, aos que el votou en contra. E non se da conta de que durante a lexislatura anterior estiveron gobernando, e el tamén pois foi primeiro tenente de alcalde, cuns orzamentos aprobados daquela maneira no 2008. Por conseguinte non cremos desde o grupo de goberno que o señor Cancio estea moi lexitimado para chamarnos a atención a nosoutros sobre o que gastamos”.
Para Pedro Fernández Manín “é incrible ao que este señor di que non: fala do plan de emprego, pero cando se aprobaron os presupostos do ano pasado o señor Cancio votou en contra e despois dicía que o plan de emprego non era válido. Agora tivo a oportunidade porque nos orzamentos que presentamos para este ano ía un plan de emprego e este señor tamén votou en contra. Entonces el o quere é facer o asalto ao sillón e gobernar, pero para iso hai que contar cos votos. El xa estivo en todos os partidos e xa tiña practicamente negociada hai pouco tempo a moción de censura para ser alcalde, pero o que pasou foi que non encontrou a persoa, por se non o votaban a el, para que o fora o home de palla e gobernar el”.
O primeiro tenente de alcalde considera que Jaime Cancio debería “apoiar ao equipo de goberno, poñer propostas sobre a mesa que se poidan levar a cabo e deixar de dicir no a todo. Eu recomendaríalle ao señor Cancio que empece a traballar por Foz, que se deixe de criticar o que se fai, porque todos os veciños saben perfectamente como traballa este señor, como traballaba cando facía as festas e como facía a recadación. A xente que foi agora a pedir sabe perfectamente o que contestan en moitos sitios. Por conseguinte eu rogaríalle ao señor Cancio que apoie e que traia propostas para facer e debe saber como están as arcas do Concello de Foz e sabe que votou en contra do plan de axuste e dos presupostos. El di no a todo para intentar queimar ao equipo de goberno. Pídolle que cambie a actitude e que apoie e traballe para o Concello de Foz e para todos os veciños”.















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



