A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Lourenzá, que está situada nas dependencias da Biblioteca Pública Municipal “Juana de Ibarbourou”, tramita ata o día 13 deste mes de abril as solicitudes de todos aqueles rapaces e rapazas interesados en participar nos Campamentos de Verán que organiza a Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Os interesados poden dirixirse a OMIX de Lourenzá ou chamar ao teléfono 982.12.15.52 en horario de cinco a oito da tarde, segundo explicou a concelleira de Educación, Lupe Flórez.





















Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



