A Plataforma de Afectados polos Abusos do Mercado Éléctrico felicita ao Concello de Cervo por esta sentenza xa que pon fin a outro abuso cometido por unha empresa do mercado eléctrico. “Este é un exemplo máis de que estas compañías campan ás súas anchas sen respectar as leis establecidas en busca do seu beneficio particular. Estas compañías aprovéitanse da súa posición de dominio no mercado para impoñer os seus intereses amparándose nos custosos procesos xudiciais como arma disuasoria fronte ao consumidor.
É importante que institucións como o Concello dean exemplo e demostren que os consumidores teñen dereitos e que a normativa deféndeos. Entendemos ademais que é a obrigación das corporacións municipais o facelo.
Xustamente unha das funcións máis importantes da Plataforma é, grazas a gran masa social que a apoia, denunciar publicamente nos medios de comunicación os numerosos atropelos que se producen neste sector e influír dentro da legalidade para que os organismos competentes resolvan favor do “peixe pequeno” e evitar que teña que acudir á vía xudicial. De feito observamos un xiro positivo nas actuacións da Consellería de Industria a cal xa resolve administrativamente a maioría dos problemas derivados na facturación eléctrica en lugar de desvialas aos órganos xurisdicionais, como facía antes.
Dende aquí queremos animar ao Concello a que siga facendo valer os seus dereitos e xa que logo os dos seus veciños e que, por unha banda, solicite a anulación de todas as facturas realizadas en base a consumos nas que non figuren lecturas e, doutra banda, que denuncie a substitución irregular dos contadores dos que o Concello é o titular xa que poñen en dúbida toda a facturación posterior a dita substitución, especialmente si non cumpren co regulamento de puntos de medida.
José Luis Moñita, presidente da plataforma






















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



