Cervo, 16 de marzo, 2026. O Concello de Cervo acolleu esta fin de semana unha nova xornada de bautismo de mergullo na Piscina Olímpica Municipal de Lieiro, unha actividade organizada en colaboración co Centro de Actividades Subacuáticas Costalugo – Buceo Viveiro.
A iniciativa permitiu que unha ducia de persoas participasen nesta primeira toma de contacto co mundo do mergullo, nunha experiencia guiada por profesionais e desenvolvida nun entorno seguro e controlado.
Durante a sesión, as persoas participantes recibiron unha breve explicación previa sobre o funcionamento do equipamento e as normas básicas de seguridade antes de realizar a inmersión na piscina, onde puideron experimentar a sensación de respirar baixo a auga e achegarse de primeira man a esta disciplina deportiva.
Desde o Concello de Cervo valoran moi positivamente a acollida desta proposta, que busca achegar o mergullo á cidadanía e promover actividades deportivas vinculadas co medio mariño, un elemento fundamental na identidade do municipio.
Esta actividade enmárcase na colaboración entre o Concello e entidades deportivas da contorna para ofrecer novas experiencias á veciñanza e fomentar hábitos saudables, así como o coñecemento e respecto polo medio subacuático.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



