Foz, 11 de abril de 2013. A sala Bahía acollerá este sábado, día 13, ás seis e media da tarde unha nova representación teatral infantil incluída na programación cultural do Concello para este mes de abril. Nesta ocasión a compañía Baobab poñerá en escena a obra titulada Babs. O concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo Soto, destacou que é “un espectáculo innovador e moi visual”.
Baobab Teatro é unha compañía nova que naceu a mediados do 2010 pero os seus compoñentes (Andrea Bayer e Oscar Ferreira) teñen unha amplísima experiencia no eido do teatro infantil despois de ter pasado por diferentes compañías, como Teatro Akatro ou Galioon.
Andrea Bayer é coñecida no mundo teatral por ter dirixido e escrito diferentes espectáculos como “Golulá” (premio ao mellor espectáculo Infantil na X Feria de Ciudad Rodrigo, premio ao espectáculo máis innovador na XXIV Mostra de Teatro de Ribadavia, espectáculo mellor valorado polo público infantil na IX edición da Programación de Domingos do Principal 2008); Babiliglub (participou en Fetén 2008); Rosalía, a pulga que escribía, etcétera. Andrea Bayer acaba de recibir unha mención de honra no III certame Cuento en Corto, organizado pola Red Internacional de Cuentacuentos e a asociación de escritores de Madrid.
Óscar Ferreira conta cunha amplísima experiencia como titiriteiro, construtor de monicreques, escenografías e ten participado en diferentes espectáculos teatrais (“Que medo, que medo”, “Golulá” , “Babiliglub”, etcétera) así como programas de televisión (Luar, Nika ou Cousiñas).























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



