Santiago, 26 de abril de 2013.- O deputado do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, formulou na Comisión de Sanidade da Cámara autonómica unha batería de preguntas á xerente do Servizo Galego de Saúde, Nieves Domínguez en relación co novo modelo de estrutura de xestión integrada das tres áreas sanitarias lucenses. A intención do deputado popular foi a de resolver algunhas dúbidas sobre a incidencia que este novo modelo de xestión ten nos hospitais de Burela e Monforte.
A xerente do SERGAS na súa quenda de resposta desmentiu punto por punto os argumentos da oposición e das plataformas afíns que falaban dun falso desmantelamento dos Hospitais de Monforte e Burela e en concreto:
Confirmou que co novo modelo de xestión integrada non desaparece ningunha das tres áreas sanitarias lucenses: Nin a da Mariña, nin a de Lemos, nin a de Lugo capital. Rebateu, polo tanto, as informacións que apuntan que a Xunta creou unha soa área sanitaria para a provincia de Lugo e ratificou o compromiso adquirido polo presidente da Xunta cando aseguraba que non se modificaría o mapa sanitario galego “xa que as áreas sanitarias en Galicia son exactamente as mesmas que había”
Outra dos desmentidos feitos pola xerente do SERGAS serviu para ratificar que os hospitais de Burela e de Monforte seguirán a ser o centro de referencia para os pacientes da súa comarca, evitando así desprazamentos a Lugo. “Os mariñáns en Burela e os veciños de Lemos no hospital de Monforte poderán operarse e ser atendidos polos especialistas no centro hospitalario máis preto da súa casa e, incluso coa Lei de garantías que se atopa en tramitación parlamentaria e prevé aprobarse nesta lexislatura poderán escoller hospital”.
Nieves Domínguez tamén confirmou que a xestión integrada non leva aparellada a perda de ningunha consulta ou especialidade nos hospitais das comarcas lucenses, lonxe diso “se verán reforzados con novos servizos”. Confirmou tamén que, lonxe do que están a asegurar desde a oposición nos últimos catro anos “non se pechou nada, non se desmantelou nada e incluso os hospitais sitos nas comarcas lucenses viron mellorados os seus resultados”.
Finalmente en relación coas competencias dos novos xerentes executivos de Monforte e da Mariña, Nieves Domínguez confirmou que dispoñen de máis capacidade de decisión e do orzamento necesario para velar pola saúde dos cidadáns da súa comarca. E explicou que agora deciden ademais dos asuntos propios dos seus hospitais tamén todos aqueles relativos aos centros de saúde da súa area, en definitiva, “amplían as súas competencias na atención primaria e especializada.
VALORACIÓN DE BALSEIRO
Feitas estas matizacións, o parlamentario do Partido Popular espera que sirvan para dar tranquilidade aos veciños da Mariña e, sobre todo, para poñer de relevo “as mentiras” empregadas pola oposición, sindicatos e plataformas afíns que chegaron incluso a buzonear panfletos alertando sobre un falso peche dos hospitais comarcais. “O tempo dará e quitará razóns e volverá a castigar electoralmente ás forzas da oposición que intentaron enganar aos seus veciños”



















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



