A Xunta de Persoal da Área Sanitaria da Mariña rexeita enerxicamente o nacemento do Decreto de Área Sanitaria da provincia de Lugo publicado polo goberno de Feijóo, que sentencia a morte a Sanidade da cidadanía da Mariña. Logo das reiteradas promesas electorais do goberno do PP nas que aseguraban que a Sanidade da Mariña nunca ía perder a súa independencia, que mantería a súa capacidade propia de xestión, este venres 05 de abril, publican un Decreto que recolle todo o contrario ao prometido, baleirando de orzamentos propios ao Hospital da Costa e poñendo nas mans de Lugo, o poder de decisión das necesidades Sanitarias da nosa Comarca, demostrando que aquelas promesas electorais eran un arma baseada no engano que so perseguía acadar a maior representación parlamentaria posible para logo, levar a cabo os seus proxectos ocultos, centralizar a Sanidade nas Cidades como paso previo á privatización da mesma, tal e como fixeron os seus homólogos de Madrid e Valencia.
Esta Xunta de Persoal culpabiliza de maneira especial aos alcaldes populares da Mariña que lonxe de defender a Sanidade da cidadanía dos seus concellos, aplauden as decisións tomadas polo seu líder, desprezando a invitación dos profesionais sanitarios e deixando claro, que non lles interesa escoitar aos que realmente coñecen as consecuencias de pasar a depender de Lugo, que non queren escoitar aos milleiros de cidadáns que apoiaron ca súa sinatura, o escrito promovido polos traballadores e traballadoras do noso Hospital pedindo un decreto de Área propia, que non queren escoitar ao resto de partidos políticos e non queren escoitar as denuncias que dende esta Xunta de Persoal, Órgano de representación das traballadoras e traballadores da Sanidade da Mariña, vimos facendo públicas, e non escoitan, porque a súa PREPOTENCIA os deixou XORDOS e a súa INCOMPETENCIA tradúcese en darlle as costas a ese pobo que cos seus votos, os colocou onde están.
Coa publicación deste decreto pasamos a ter un Xerente Executor, sen capacidade de decisión, sometido ás ordes do que diga o Xerente de Área de Lugo, en resumo, un Xerente creado para Executar na nosa Comarca as decisións que dende Lugo lle trasladen. Este Decreto persigue centralizar as especialidades en Lugo, o peche de servizos no noso Hospital e a destrución de emprego sanitario, desmantelando pouco a pouco a carteira de servizos que tiñamos e obrigando ás e ós mariñáns a desprazarse a 100km para acudir ao médico especialista e para todas aquelas intervencións cirúrxicas non urxentes. Hoxe fomos coñecedores de que usuarias da Mariña xa comezaron a recibir citación mediante carta para acudir á realización de mamografías a Lugo, rematan de publicar o Decreto, e pacientes que eran atendidas no noso Hospital, son agora obrigadas a desprazarse cara Lugo. Estas son as promesas de melloras que anuncian os dirixentes do PP, as promesas da ampliación, as promesas da Unidade de Oncoloxía, AS PROMESAS DA MENTIRA E DO ENGANO.
A Xunta de Persoal da Área Sanitaria da Mariña esixe a retirada do Decreto de Área Provincial e o cumprimento da promesa electoral coa publicación do Decreto de Área propio da Mariña, única ferramenta para garantir a continuidade e a mellora das prestacións Sanitarias tanto do Hospital da Costa como dos nosos centros de saúde.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



