A implantación do modelo de xestión integrada é xa un feito logo da decisión da Consellería de Sanidade, avalada polo Consello da Xunta, e da inminente publicación do decreto correspondente no DOG.
• Os populares defenden que non ten sentido debater sobre cuestións técnicas que os xefes de servizo do Hospital xa puideron tratar e trasladar á Sanidade na xuntanza que mantiveron co director xeral de Asistencia Sanitaria.
• Subliñan o compromiso político firme para que todos os pacientes da Mariña manteñan os mesmos servizos no Hospital da Costa e incluso que se aumenten e sobre todo, apostan pola ampliación do centro, feito reforzado trala licitación do seu Plan director.
• Sinalan a importancia de respectar as canles habituais de interlocución entre os representantes oficiais dos traballadores e o persoal directivo do Hospital e do SERGAS.
Burela, 02 de abril de 2013.- Alcaldes, portavoces locais e deputados do Partido Popular na Mariña lucense acordaron non asistir á xuntanza convocada, o vindeiro mércores, por varios facultativos do Hospital da Costa. Entenden que non ten sentido discutir sobre a implantación dun modelo de xestión integrada que xa é un feito na provincia de Lugo logo da decisión da Consellería de Sanidade, avalada polo Consello da Xunta, e da inminente publicación do decreto correspondente no Diario Oficial de Galicia, prevista para o próximo venres ou luns.
Ao mesmo tempo os representantes populares sinalan que si a intención dos convocantes é trasladar cuestións técnicas, xa tiveron oportunidade de facelo a través da xuntanza convocada polo SERGAS cos xefes de servizo do Hospital. Nela participou o director xeral de Asistencia Sanitaria, Felix Rubial, quen recibiu as suxestións que formularon os facultativos e resolveu cantas cuestións técnicas e dúbidas puideron suscitarse.
COMPROMISO POLÍTICO FIRME
Desde o Partido Popular da Mariña aseguran e insisten que os intereses dos veciños están salvagardados coa decisión da Xunta de Galicia e que nunca tomarían unha decisión para prexudicar á comarca. De feito lembran que a iniciativa do PP tanto nos distintos concellos como no Parlamento de Galicia veñen de rexistrar mocións nas que se comprometen a a manter a totalidade dos servizos que se prestan actualmente no Hospital da Costa e incluso incrementalos e, sobre todo, a ampliar o Hospital. Compromiso que adquiriu firmeza coa contratación dos servizos para redactar o Plan Director, licitada polo SERGAS e para que se destinarán 143.392 euros.
Desde o Partido Popular destacan os novos servizos previstos no Plan funcional do centro hospitalario como son a implantación dun hospital de día, dunha nova área de diálises, das unidades de oncoloxía e cirurxía vascular, a construción dun aparcamento soterrado e o uso individual das actuais habitacións do Hospital
Os populares lembran tamén que os alcaldes da comarca xa mantiveron un encontro coa conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera e o equipo directivo do SERGAS no que se lles explicou que a área sanitaria da Mariña mantense (non se modifica o mapa sanitario) e que esta contará cun director executivo que amplía as súas competencias tanto na xestión directa do Hospital como sobre os centros de saúde da comarca que ata o de agora dependían de Lugo.
Respecto de todas estas cuestións fan un chamamento de tranquilidade á cidadanía e insisten en que o tempo dará e quitará razóns e demostrará que o PP é o primeiro defensor da sanidade pública da comarca.
RESPECTO AS CANLES DE INTERLOCUCIÓN OFICIAIS
Finalmente e desde o máximo respecto aos convocantes da xuntanza e ás opinións que poidan ter cada quen, emprazan a ese grupo de facultativos a que calquera cuestión que teñan interese en transmitir deben facelo polas canles habituais de interlocución entre os directivos do Hospital e do SERGAS e os representantes oficiais dos traballadores que son os facultados para este menester.


















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



