Lugo, 27 de abril de 2013.- O secretario xeral dos populares lucenses, José Manuel Balseiro Orol vén a saír ao paso das críticas efectuadas polo bipartito da Deputación de Lugo asegurando que non están en condicións de pedir a dimisión de ninguén tendo en conta que manteñen a tres imputados dentro do Goberno provincial.
Balseiro lembrou que os alcaldes de Becerreá e Pedrafita, Manuel Martínez e Jose Luís Raposo, respectivamente e a vicepresidenta segunda do ente provincial, Lara Méndez, están formalmente imputados en procesos penais abertos pola Xustiza e pese a iso non teñen dimitido dos seus cargos
O dirixente popular recordou que o BNG “rompeu a súa ética anticorrupción en Lugo compartindo goberno provincial con ata tres imputados algo que dixeron que nunca farían”. Tamén tivo palabras moi duras contra o portavoz socialista provincial, Manuel Martínez quen é precisamente un dos que están baixo o punto de mira da xustiza pola trama corrupta de retirada de multas.
“Teñen o síndrome do bombeiro pirómano. Veñen a dar leccións os primeiros no punto de mira dos xuíces”-concluíu Balseiro en referencia ás críticas do bipartito provincial.
MALA XESTIÓN DOS FONDOS PÚBLICOS
Pero non só as causas xudiciais asfixian ao Executivo de coalición que preside José Ramón Gómez Besteiro senón tamén o mal uso dos cartos de todos os lucenses. Balseiro dixo que a Deputación de Lugo é un exemplo de permanente de despilfarro e mala xestión dos fondos públicos, feito recoñecido incluso por alcaldes da súa mesma política como aconteceu no caso de Monterroso e a obra da piscina municipal.
“Cada día asistimos a un novo escándalo. Cando non é no norte é no sur ou no centro da provincia. Distintos informes técnicos avalan que a Deputación abona certificacións por obras que despois, segundo parece, non se teñen executado. En definitiva fai un mal uso dos cartos dos lucenses”- asegurou o dirixente popular.
FACER MEMORIA
En relación co trato da provincia de Lugo Balseiro lamentou que na Deputación sexan incapaces de facer un pouco de memoria, pois así saberían que fronte a un goberno bipartito que actuaba de xeito inxusto e discriminatorio con Lugo hoxe temos un goberno –o do Partido Popular- que prioriza os investimentos, obras e servizos na provincia.
De feito cando PSOE e BNG tiña a responsabilidade de goberno da Xunta achegaban un investimento moito menor en tempos de bonanza que o actual esforzo inversor que a Xunta fai nesta provincia, en tempos de dificultade económica
“Tan só fixándonos no último orzamento, en 2013, a Xunta multiplicou por dous, o investimento por habitante nesta provincia, isto é máis do dobre do que achegaba no seu día o Goberno bipartito cuxo espello témolo hoxe no desastroso goberno provincial”- concluíu Balseiro.



















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



